Saltar ao contido

Área Central

San Valentín en Área Central vaite conquistar!

  • Novas

Achégase unha das celebracións máis agardadas do ano para os namorados das súas parellas, dos seus amigos, da familia… Da igual con quen o festexes, o importante é que, dende o luns 12 ata o mércores 14, en Área Central celebramos San Valentín e querémoste conquistar! 😉

Celebra con nós o Día dos Namorados

No noso centro comercial de Santiagoqueremos convidarte a celebrar San Valentín, pero para nós non dura só un día. Tes tres oportunidades para vir a Área Central e participar na nosa promoción 💗.

Dende o luns 12 ata o mércores 14 de febreiro, día propio de San Valentín, xoga con nós e poderás gañar varios agasallos (xabróns, aromas…) e ata 3 tarxetas agasallo de Área Central por valor de 100€. Participar é doado: só terás que rexistrarte na nosa Área de Promocións, escanear o teu ticket deses tres días, xogar con nós e comprobar se levas premio!

Ademais, entre todos os participantes dos tres días o xoves 15 sortearemos tres tarxetas agasallo de Área Central por valor de 100 euros.

Consulta as bases da promoción e bule! Ademais o noso stand estará funcionando os tres días de 12:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:00 horas para atendervos e recoller o voso premio.

Consigue unha estancia para dúas persoas nas Cabanas da Ulla

Este ano por San Valentín tamén queremos agasallarvos cunha estancia nas Cabanas da Ulla.  Coñécelas? Se nos segues en redes sociais seguro que xa sabes da nosa dinámica; pero senón, aquí cha explicamos.

Unha estancia para dúas persoas para celebrar San Valentín nas Cabanas do Ulla están en xogo nas redes de Área Central. Xa che dixemos que este ano te iamos conquistar! 😋

E non te esquezas de que no noso centro comercial de Santiago poderás atopar os mellores agasallos para este San Valentín. Os nosos establecementos teñen todo preparado para esa persoa tan especial. Moito amor na Semana dos Namorados!