Saltar ao contido

Área Central

Dreamfit abre en Área Central en setembro cunha promoción especial

Considerada como a mellor cadea do sector de ximnasios de España, Dreamfit está a piques de chegar a Galicia. As obras no local que ocupará o ximnasio no noso centro comercial de Santiago, Área Central, xa comezaron, e é que o mes de setembro comezará a súa actividade e cunha promoción moi interesante. Contámosche máis?

Como é Dreamfit, o mellor ximnasio de España?

Parece que o mes de setembro está moi lonxe, pero a verdade é que o verán, que está a piques de chegar, pasará nun abrir e pechar de ollo. Aproveitando que o mes de setembro é o momento de comezar novas rutinas para exercitarnos e manternos en forma tras as vacacións, Dreamfit abrirá as súas portas, sendo o primeiro ximnasio da cadea en Galicia. O local que ocupará é de 3.500 metros cadrados no soto de Área Central.

Dreamfit é considerado como o mellor ximnasio de España, ofrecendo en Santiago a sala fitness máis grande da cidade, onde atoparás as últimas máquinas. Ademais, no seu espazo en Área Central ofrecerán múltiples actividades dirixidas e distintas zonas de adestramento.

O ximnasio de Área Central ofrecerá unha promoción especial de apertura

Dreamfit en Santiago de Compostela comeza ao grande, lanzando unha promoción de apertura moi especial que estará dispoñible só para os que queiran facer a preinscrición antes da apertura do ximnasio. Paga 24,90€ os catro primeiros meses e goza da cota de inscrición gratis e dunha camiseta técnica de agasallo.

A que esperas? Anticípate e fai agora a túa preinscrición para gozar da promoción de apertura e poñerte a ton despois do verán.

Como vedes, en Área Central estamos a traballar para ofrecer o mellor e os servizos máis variados aos nosos clientes para partir do verán, pero mentres tanto, poderedes aproveitar para visitar os nosos novos locais outlet e o resto dos máis de cen establecementos á túa disposición.