Saltar ao contido

Área Central

en área central

somos moito máis:

un espazo de ocio e

compras diferente

A nosa historia de éxito

Área Central é un centro comercial diferente, no que vivirás unha experiencia especial nun espazo que nunca antes viras. Poderás percorrer os nosos corredores e admirar a arquitectura, que dista moito das formas habituais dun centro comercial, simulando rúas exteriores e dando lugar a unha experiencia de compras moi especial.

En Área Central atoparás tendas de moda, xoierías, decoración, complementos, franquicias nacionais e multinacionais, quioscos, librerías, alimentación e tecnoloxía que se unen a unha oferta outlet que tentan facer máis sinxelas as compras aos nosos clientes.

Tamén temos unha gran oferta comercial e de servizos que, unida ao centro empresarial de Área Central, no que se refuxian máis de 30 empresas, conseguimos ofrecer unha oferta moi completa aos usuarios.

Ademais, a restauración e o lecer son unha parte fundamental nas nosas instalacións, acollendo restaurantes, cafeterías, bares e xogos de escapismo, recreativos…

Esta pluralidade de ofertas e actividades consegue que, en Área Central, se concentren todo tipo de clientes e visitantes que acoden ao complexo por diferentes motivos. A súa peculiaridade fai que sexa un centro comercial dotado de vida practicamente durante as 24 horas do día ó largo de todo o ano. Unha referencia inevitable da Compostela máis dinámica e moderna.

Os nosos servizos

paradadeautobuses-03
zonadeaparcadoiro
aparcadoirodebicicletas
vehiculoselectricos
adaptadoamobilidadereducida
hipermercado
zonadedescanso
saladelactación
cambiadores
petfriendly
caixadecorreos
amazonlocker
pasatemposinfantis
ludoteca
caixeiros
once
espazosolidario
espazosabertos
ascensores
aseos
vixilancia
boticaprimerosauxilios
desfibrilador
vixilancia
boticaprimerosauxilios
desfibrilador

O noso espazo