Saltar ao contido

Área Central

en área central

somos moito máis

un espazo solidario

As persoas, no centro

Dende os nosos inicios como centro comercial en Santiago, en Área Central estamos comprometidos co noso entorno e promovemos e impulsamos campañas de sensibilización, solidariedade e acción social. Somos un lugar de encontro para a cidadanía e un espazo con conciencia. Dende Área Central, aportamos para a construción dun mundo máis xusto e igualitario.

A continuación, facemos un pequeno resumo das iniciativas de carácter social que levamos a cabo e das alianzas que cultivamos con outras entidades co fin de mellorar a nosa contorna:

doasangue

VISITAS DA AXENCIA DE DOAZÓN DE SANGUE

Área Central recibe de xeito periódico a visita da unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e difunde estas visitas entre os seus clientes. En 2022, en Área Central conseguimos 676 doazóns de sangue, o que se traduciu en obter glóbulos vermellos para 338 intervencións cirurxías e 68 transplantes de órganos e plaquetas para axudar a 135 doentes para loitar contra o cancro e a leucemia.

ong

EXPOSICIÓNS DE ONGS

As ONGs contan en Área Central cun aliado se precisan un espazo con fluxo de xente onde poder expoñer as súas mostras para dar a coñecer a súa labor social.

ESPAZO SOLIDARIO

Área Central ofrece ás entidades de carácter solidario un emprazamento de alta visibilidade no nosos corredores para que realicen as súas campañas de captación de socios.

actividadesconfinsolidario

ACTIVIDADES CON FIN SOLIDARIO

Área Central realiza habitualmente actividades lúdicas e exposicións que teñen como fin recadar fondos para iniciativas sociais. Nos últimos anos, en colaboración coa delegación galega da Asociación de amigos de Playmobil (AESCLICK), recadamos fondos a favor do albergue Xoán XXIII de Santiago e da acción social de Aesclick.

cruzvermella

COLABORACIÓN CON CRUZ VERMELLA

O persoal de Cruz Vermella Santiago ten autorización para vender boletos do Sorteo de Ouro e facer as súas campañas de captación de socios polos corredores de Área Central.

areasolidaria

ÁREA SOLIDARIA

No período de Nadal, Área Central activa a súa campaña “Área Solidaria”, formada por un caixón para recadar doazóns de produtos básicos de alimentación e hixiene persoal a favor da Cociña Económica de Santiago.

ludoteca

SERVIZO DE LUDOTECA

Todos os sábados (agás xullo e agosto), Área Central activa a súa ludoteca, un servizo que promove a conciliación. Así, facilitan que os seus clientes realicen as súas compras con tranquilidade mentres os seus fillos, quedan en mans dos nosos monitores realizando diferentes actividades didácticas e lúdicas.