Saltar ao contido

Área Central

Xa podes reservar as sesións de Ludoarte do mes de maio

O mes de maio está ao virar a esquina e en Área Central sempre nos estamos adiantando con Ludoarte para que poidades organizarvos e vir ás nosas sesións. Queda moi pouquiño para que Rula e Ruliño se vaian de vacacións, pero por agora aínda nos quedan dous meses máis de ludoteca. Contámosche máis sobre as próximas sesións!

En Área Central, diversión para toda a familia

O noso centro comercial de Santiago non para de sorprender coas súas novas aperturas. Este mes fíxoo co outlet da Zapatería Zabba e agora é a quenda de Scalpers, tamén outlet. Sabemos que os pais e nais estades a desexar ter tempo para visitar os nosos establecementos e, por iso, os máis peques poderán quedar divertíndose mentres tanto na nosa ludoteca.

Ludoarte, a ludoteca artístca de Área Central funcionará durante os sábados do mes, os días 4, 11, 18 e 25 de maio. Como sempre, haberá dúas sesións dunha hora, de 18.00 a 20:00 horas. Así, os máis peques da casa terán cada sábado dúas oportunidades de divertirse en Ludoarte.

Se queres asegurar un oco para o teu peque nas sesións da ludoteca de Área Central, podes facer a súa reserva aquív. E, no caso de que teñas algún imprevisto que che impida acudir, poderás cancelala para que outras familias poidan gozar da ludoteca por ti. No caso de que cando queiras facer a túa reserva non haxa xa ningún oco, poderás vir igualmente ao noso centro comercial para ocupar as prazas que se gardan sen reservas.

Xa sabedes, as familias de Área Central sempre sodes benvidas no noso espazo, pero máis aínda cando hai tanto entretemento: coñece as últimas aperturas do centro comercial, goza tomando algo nas terrazas de Praza de Europa e divírtete en familia coas sesións de Ludoarte do mes de maio. Esperámoste en Área Central!