1.- EMPRESA ORGANIZADORA DO SORTEO
A Comunidade de Propietarios Centro Comercial Área Central (Área Central) organiza o sorteo (en diante, “o Sorteo”) de ámbito galego, a desenvolver a través de Instagram e Facebook, de acordo co disposto no apartado requisitos de participación.
ÁREA CENTRAL premiará aos seus seguidores regalando unha estancia dunha noite nunha das cabanas de CABANAS DA ULLA para dúas persoas en réxime de aloxamento, situada en Touro, a gozar de luns a domingo desde a finalización do sorteo e ata o 1 de xullo de 2024, excluíndo a Semana Santa e segundo dispoñibilidade.
2.-DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN
O sorteo dará comezo desde a publicación do post colaborativo nos perfís de Instagram e Facebook de Área Central e Cabanas da Ulla o día 8 de febreiro de 2024 e finalizará o día 14 de febreiro de 2024 ás 10:00H.
3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DO SORTEO
-Requisitos
Os sorteo desenvolverase a nivel local (Ámbito Galego). Poden participar no Sorteo todas as persoas físicas que sexan maiores de 18 anos e que seguiran os pasos correctamente.
O perfil de Instagram/Facebook debe ser real: non debe conter unha identidade falsa, segundo criterio e valoración das empresas organizadoras.
Non se aceptarán en ningún caso palabras mal soantes, faltas de respecto a terceiros, contido indecoroso e que se considere non axeitado por danar o bo fin do sorteo.
-Mecánica
– Os Participantes deberán seguir o perfil de @areacentral e @cabanasdaulla en Instagram ou dar <<me gusta>> nas páxinas de Facebook (en función da plataforma dende a que se participe).
– Dar «me gusta» á publicación.
– Comentar a publicación mencionando (etiquetando) á persoa coa que lle gustaría compartir o premio.
Os usuarios poderán participar todas as veces que queiran sempre e cando mencionen a persoas diferentes en cada comentario.
Ademais, se comparten a publicación de Área Central en stories, contará como unha participación extra. Neste caso, se o perfil do usuario é privado, deberá enviar unha captura por mensaxe privada ao Facebook ou Instagram de Área Central para facer constar este feito.
4.- CONDICIÓNS DO SORTEO
Entrarán a formar parte do sorteo todos aqueles usuarios cuxa participación cumpra cos termos fixados nas presentes bases legais.
Non poderán resultar gañadores deste sorteo empregados, comerciantes ou propietarios dos establecementos comerciais que forman parte do Centro Comercial Área Central e do Provedor do premio. Só se poderá participar unha vez en cada rede social.
ÁREA CENTRAL nomeará ao gañador a través dunha mención e por mensaxe privada. No caso de que o premio outorgado fose rexeitado ou o participante seleccionado non cumpra os requisitos, ÁREA CENTRAL pasará a comunicar ao suplente.
ÁREA CENTRAL resérvase o dereito de non considerar como participación aqueles nomes utilizados que sexan indecorosos, propiedade de terceiros, que conteña marcas ou elementos protexidos, uso de perfís falsos ou en xeral que contraveñan o espírito do sorteo. Neste suposto, o usuario perderá o seu dereito de participación no sorteo.
5.- PREMIOS
O premio consistirá nunha estancia dunha noite nunha das cabanas de CABANAS DA ULLA para dúas persoas en réxime de aloxamento.
Para poder gozar da estancia poderase trocar o premio de luns a domingo dende a finalización do sorteo e ata o 1 de xullo de 2024, exceptuando a Semana Santa (do 22 de marzo ao 31 de marzo, ambos incluídos).
Se non hai dispoñibilidade na data escollida, propoñerase outra data alternativa. O premio non se poderá trocar por diñeiro en metálico ou por calquera outro premio, nin pode ser obxecto de cambio ou alteración.
Tipo de cabana a escoller segundo dispoñibilidade.
O premio non inclúe almorzo nin inclúe transporte nin desprazamentos.
A celebración do sorteo así como a concesión do premio quedan suxeitos á normativa fiscal vixente. Este sorteo realízase con fins publicitarios, é dicir, dar a coñecer o nome de Área Central entre a audiencia.
6.- ENTREGA DO PREMIO
A persoa gañadora será elixida por parte de ÁREA CENTRAL. O mércores 14 de febreiro do 2024 efectuarase o sorteo a través da páxina de AppSorteos (https://app-sorteos.com/es), unha aplicación de selección aleatoria onde se incorporarán os nomes dos participantes que se axusten aos requisitos, para de xeito aleatorio escoller ao gañador do sorteo. No suposto caso de que non houbese suficientes participantes para optar ao premio, ou calquera outro motivo interno, ÁREA CENTRAL resérvase o dereito para cancelar o sorteo.
ÁREA CENTRAL publicará na súa conta de Facebook e Instagram o gañador do sorteo. O gañador recibirá tamén unha mensaxe privada desde un perfil administrador dos perfís de ÁREA CENTRAL. O gañador deberá aceptar o premio obtido e indicar os seus datos persoais para a xestión do premio a través do envío dun email ao correo electrónico facilitado na mensaxe privada ou contestando directamente o correo.
Se pasan 48 horas desde que se enviou a mensaxe e non contesta confirmando a recepción e conformidade co premio, pasarase ao suplente e no caso de que non responda confirmando a recepción e conformidade co premio, o mesmo quedará deserto.
Ao aceptar o premio, o gañador acepta que ÁREA CENTRAL utilice o seu nome ou imaxe ou retrato con fins publicitarios e promocionais en calquera tipo de soporte, sen ter que dar aviso respecto diso posteriormente. O organizador queda facultado para eliminar do sorteo aos participantes que non cumpran cos requisitos mencionados nos parágrafos anteriores ou que tenten participar atentando contra o recollido nestas bases.
7.- DESCALIFICACIÓNS E PENALIZACIÓNS
Se se evidenciase que calquera dos Participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Promoción perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude desta Promoción. ÁREA CENTRAL resérvase o dereito de declarar o sorteo deserto.
8.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS
Non se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere inadecuado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros.
Tampouco se permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Non nos responsabilizaremos dos danos ocasionados polos comentarios que fagan os Participantes no Sorteo, e que en calquera momento puidesen ferir a sensibilidade doutros Participantes.
A participación no presente Sorteo, así como a publicación dos comentarios que se realicen por parte dos Participantes nas publicacións non poderán vulnerar baixo ningún concepto as Regras comunitarias de Instagram nin as Condicións de uso de Instagram.
Se se descubrise por parte de ÁREA CENTRAL o emprego de medios fraudulentos para a participación, tales como o emprego de bots nos comentarios, o premio non lle será adxudicado.
9.-EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE
Entenderase, a título enunciativo pero non limitativo, que se produce fraude, cando se detecta o suposto uso de aplicacións independentes ao Website; a realización dun abuso de consultas ao servidor e todos aqueles comportamentos que poidan resultar aparentemente abusivos e/ou malintencionados. A constatación de calquera destas circunstancias durante o sorteo suporá a descualificación automática do sorteo así como a perda do premio se fora o gañador.
ÁREA CENTRAL e CABANAS DA ULLA quedan eximidas de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados que impida a súa identificación.
ÁREA CENTRAL e CABANAS DA ULLA resérvanse o dereito a emprender accións xudiciais contra aquelas persoas que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado manipulación ou falsificación do sorteo.
ÁREA CENTRAL e CABANAS DA ULLA exclúen calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento dos servizos mediante os que se participa na promoción, á defraudación da utilidade que os usuarios poidan atribuír aos mesmos, e en particular, aínda non de xeito exclusivo, aos fallos no acceso ás distintas páxinas e envíos de respostas de participación a través de Internet.
ÁREA CENTRAL resérvase o dereito a efectuar cambios que redunden no bo fin do sorteo cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levala a termo no xeito e forma que recollen as presentes bases.
ÁREA CENTRAL resérvase o dereito a aprazar ou ampliar o período do sorteo, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais.
Exímese a ÁREA CENTRAL e CABANAS DA ULLA de calquera responsabilidade no caso de que xurda algunha incidencia que poida evitar que o gañador desfrute do premio unha vez sexa entregado. Así mesmo, exímese a ÁREA CENTRAL de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que poidan ocasionarse durante o desfrute do premio.
10.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Normativa: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD. Responsable do tratamento: COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO CENTRO COMERCIAL ÁREA CENTRAL
CIF: H15431273
Enderezo: Edificio Área Central de Fontiñas Sótano 1-Local A4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) Teléfono: 981560845
Correo electrónico: marketing@areacentral.es
Finalidade: A xestión dos datos de carácter persoal recadados para a participación no sorteo: “Área Central regálache por San Valentín unha escapada a Cabanas da Ulla”
Lexitimación: Consentimento do interesado.
Conservación dos datos: Os datos que vostede nos teña facilitado destruiranse unha vez transcorrido o prazo de seis meses desde a finalización do sorteo, salvo os do gañador que poderán utilizarse conforme ó establecido no apartado seis das bases.
Destinatarios: Cederanse datos a Facebook (ó pinchar o botón ME GUSTA Facebook tratará os teus datos conforme á súa política de privacidade: www.facebook.com/about/privacy/ ).
Transferencias Internacionais de datos: Non se realizarán transferencias internacionais de datos.
Dereitos do interesado:
– Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos tratando datos persoais seus ou non, a saber cales son, para que se usan, canto tempo se van gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se van comunicar a un terceiro.
– Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.
– Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa no sexan necesarios para os fins para os que se recolleron, incluído o dereito ó esquecemento.
– Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no tratamento.
– Limitación do tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos más aló da mera conservación dos mesmos.
– Potabilidade: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e poder transmitilos a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.
Exercicio dos dereitos: O exercicio de dereitos deberá efectuarse por escrito adxuntando fotocopia do seu documento identificativo, e dirixila á dirección anteriormente citada. Así mesmo, poñemos a súa disposición modelos para o seu exercicio, que poden recollerse nas nosas instalacións.
Para máis información: www.agpd.es
Dereito de reclamación ante a Autoridade de Control: No caso de que no se teñan respectados os seus dereitos pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos sita na rúa Jorge Juan, 6 – 28001-Madrid ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es
En ambos casos, deberá acompañar a documentación pertinente.
11.- CAMBIOS E ACEPTACIÓN
Reservámonos o dereito de modificar ou ampliar estas bases promocionais, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos Participantes na Promoción. O mero feito de participar no sorteo implica que o Participante acepta totalmente as condicións destas Bases Legais. Así mesmo, a participación nun sorteo desta natureza supón a aceptación das normas da rede social Instagram e Facebook a través do cal se desenvolve o mesmo.
Nin Facebook nin Instagram patrocinan, avalan, administran de modo algún esta promoción, nin están asociados a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Facebook e Instagram e é consciente de que está proporcionando a súa información a ÁREA CENTRAL e non a Facebook nin a Instagram. A información que proporcione empregarase para xestionar a participación do concursante e para comunicarlle o premio.
12.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.