Luns, 11 de setembro de 2023 – Remata o verán e en Área Central volvemos coas pilas ben cargadiñas. Tras comezar o sábado pasado coa nosa ludoteca, esta fin de semana temos moitas actividades para vós e é que, aproveitando que dan choiva, que mellor que divertirse ao cuberto? Volven as fins de semana de Área Central!
Un concerto e axilidade mental este venres e sábado
No noso centro comercial de Santiago non podemos estar quietos e, por iso, para vós traemos sempre a mellor oferta de ocio.
Este venres 15, ás 19:00 horas, non vos perdades o concerto da Real Filharmónica de Galicia. Nas súas saídas polos barrios da cidade, non podía faltar a súa presenza no barrio de Fontiñas e, polo tanto, no seu punto neurálxico, como é Área Central. Esta actuación terá lugar na esquina azul.
O sábado 16, en horario de mañá e tarde, máis de 200 xogadores desfrutarán dun entretido día de xadrez. Todas as categorías estarán representadas neste campionato, o V Torneo de xadrez Cidade de Santiago, organizado pola Escola de Xadrez Compostela. Consulta as súas bases!
E para os máis cativos…
Xa sabedes: dos máis peques nunca nos esquecemos! Este sábado é a quenda da segunda sesión de Ludoarte, esta vez coa temática de “Creativos”: obradoiros e zona de xogos a partir dos 4 anos e sen acompañamento dun adulto, e de 0 a 3 anos temos unha zona de descanso e xogos en familia. Atoparedes a ludoteca instalada na esquina amarela. Debes facer unha reserva para asegurar a praza dos cativos. Aínda así, Ludoarte Creativos conta con cinco prazas soltas para as persoas que vaian sen reserva. Son sesións dunha hora na que os maiores de 4 anos poden facer obradoiros e xogar mentres ti fas os recadiños.
Nova apertura: chega Lolita Moda a Área Central
E para rematar, Lolita Moda abrirá o seu primeiro local en Santiago en Área Central. A partir deste venres podes pasarte pola súa tenda multimarca, verás que te namoras dos seus prezos outlet!
Esta fin de semana, agardámoste en Área Central. Xa vedes que temos moitas novidades que amosarvos! 😉