A feira de artesanía “Materia Prima” retorna ao Outlet Área Central como unha cita imprescindible para quen busca produtos únicos, orixinais e con valor artesanal. Coincidindo coa campaña do Día da Nai, este evento reúne a máis de vinte talleres que expoñerán e porán á venda as súas creacións feitas a man.
Produtos artesanais únicos e feitos a man
Organizada en colaboración coa Asociación para o fomento e impulso da artesanía galega (Afiga), a pop-up “Materia Prima” destaca pola gran variedade de produtos e a calidade de cada peza.
Durante a feira, os visitantes poderán encontrar:
- Artesanía en madeira
- Produtos de coiro
- Bisutería e xoiería artesanal
- Accesorios de moda únicos
- Candeas artesanais
- Bordados e téxtiles
- Ilustracións e pezas creativas
Todos os produtos están elaborados de forma artesanal, con atención ao detalle e materiais seleccionados, o que os convirte nunha opción ideal para regalar algo especial e diferente.
Datas e horarios
A feira celebrarase no Outlet Área Central nas seguintes datas:
- Mércores 29 de abril
- Xoves 30 de abril
- Sábado 2 de maio
Horario: de 11:00 a 21:00 horas
Un Súper Weekend diferente
A feira de artesanía “Materia Prima” concidirá coa celebración do noso Súper Weekend, xornadas especiais nas que podes atopar descontos extra nas túas marcas favoritas: Bimba y Lola, Fifty, El Ganso, etc. Este mes de abril adiántase un día e celébrase o mércores 29, o xoves 30 e o sábado 3.
Non o perdas! Tes dobre motivo para visitar Área Central estes días. Aproveita a feira de artesanía “Materia Prima” e o Súper Weekend para atopar o mellor regalo polo Día da Nai.
Lembra que podes estar ao tanto de todas as actividades do Outlet Área Central na sección Eventos desta mesma web. E se non queres perderte nada de Área Central, síguenos en Instagram e Facebook.
