Saltar ao contido

Área Central

“O Paseo do Tapeo” faiche gozar da hostalaría de Área Central

No Outlet Área Central sabemos canto desfrutas indo de tapas coas túas amizades. Por iso, do 6 ao 24 de maio celebramos “O Paseo do Tapeo”, unha ruta gastronómica que te convida a descubrir a mellor oferta de tapas de Área Central a través dunha experiencia participativa e con agasallos.

Nestas datas, poderás gozar dun percorrido polos locais de restauración do teu Outlet de Santiago, onde te agardan 15 tapas elaboradas en 9 establecementos. Cada proposta terá un prezo único de 3,50 euros e estarán dispoñibles nos horarios establecidos por cada local, permitindo organizar o tapeo en diferentes momentos do día.

Como funciona “O Paseo do Tapeo” en Área Central?

“O Paseo do Tapeo” combina a valoración do público cunha evaliación profesional.

Por unha banda, un xurado profesional formado por persoas relacionadas coa gastronomía analizará aspectos como o sabor, a presentación e a orixinalidade das tapas.

Por outra, as votacións da clientela como ti permitirán escoller a tapa máis popular do concurso.

Solicita o teu Pasaporte do Sabor

Para participar nesta ruta de tapas en Santiago, só é necesario que solicites o Pasaporte do Sabor en calquera dos locais participantes. A dinámica é sinxela: proba, sela e vota.

Para participar:

  • Proba as tapas dispoñibles nos diferentes establecementos
  • Sela o pasaporte en cada local visitado (alomenos 6 para que os teus votos sexan válidos)
  • Puntúa as tapas do 1 ao 10
  • Deposita o pasaporte na urna habilitada nos nosos corredores

Deste xeito, convérteste nun dos protagonistas do evento, formando parte do xurado popular que decidirá cal é a tapa máis valorada.

Sorteo de premios entre a clientela

Ademais de gozar da experiencia gastronómica, participar nesta ruta de tapas en Área Central ten premio. Se entregas o teu Pasaporte do Sabor na urna ubicada no noso corredor, con alomenos 6 tapas seladas, entrarás nun sorteo de 3 vales regalo de 100€ para gastar no Outlet Área Central. Consulta aquí as bases legais completas do sorteo.

Daremos a coñecer os resultados do concurso o 29 de maio a través das nosas canles oficiais.

Establecementos participantes

Consulta aquí o listado dos 9 locais que participan e os horarios para probar as súas tapas.

O teu plan gastronómico

Se buscas que facer en Santiago en maio, esta ruta de tapas é unha oportunidade perfecta para combinar ocio, gastronomía e premios nun mesmo plan.

Lembra que podes estar ao tanto de todas as actividades do Outlet Área Central na sección Eventos desta mesma web. E se non queres perderte nada de Área Central, séguenos en Instagram e Facebook.