O Súper Weekend deste mes de abril adiántase no Outlet Área Central para que poidas desfrutar antes de tres días de grandes descontos nos nosos outlets.
De forma excepcional, comezamos o mércores 29 de abril, ampliando así esta cita imprescindible de compras.
Tres días de promocións e o Día da Nai
Durante estos tres días encontrarás promocións especiais nunha amplia variedade de tendas: moda, calzado, complementos, etc. Unha oportunidade perfecta para renovar o que necesites ou darte ese capricho, sempre con descontos aínda máis irresistibles.
Aos descontos habituais dos outlets, estes días haberá descuentos extra que poden chegar ao 60%, perfectos para renovar o armario e vestirse para esta primavera. Ademais, co Día da nai tan preto, é a ocasión perfecta para acertar co agasallo na túa visita aos outlets de marcas tan recoñecidas como Bimba y Lola, Scalpers, Silbon, Nanos, Purificación García, Fifty, Lolita Moda, El Pulpo, Nanos e Zabba.
Un cambio puntual nas datas habituais
Habitualmente, o Súper Weekend celébrase os últimos xoves, venres e sábados de cada mes. Sen embargo, nesta ocasión adiantámolo para ofrecerche máis facilidades e que non te perdas ningunha das ofertas dispoñibles.
Recorda: mércores, xoves e sábado, tres días únicos para desfrutar dos Súper descontos do Outlet Área Central nun entorno cómodo e accesible.
Promocións actuais
- Bimba y Lola: selección de bolsos a 79€ e 89€ (mércores,xoves e sábado), PROMOCIÓN DÍA DA NAI-20% adicional en todo (20/04 – 02/05)
- El Ganso: 20% de desconto adicional en artículos seleccionados (mércores, xoves e sábado)
- Fifty: 3×2 en toda a tenda (mércores e xoves), 2ª unidade ao 40% nunha selección (sábado)
- Opticoa: 49€ tres gafas de sol (xoves)
- Scalpers: -20% en compras superiores a 100€ (xoves)
- Outlet de Woman y Man: 20% de desconto adicional en artículos seleccionados (mércores, xoves e sábado)
- Zabba: 2×1 (mércores, xoves e sábado)
- Krack: 20% de desconto en zapato de muller (xoves)
- El Pulpo: 10% de desconto pola compra de 3 ou más prendas (mércores, xoves e sábado)
- Nanos: 10% de desconto adicional en produtos seleccionados (mércores, xoves e sábado)
- Lolita Moda: 10% de desconto adicional en todo excepto nova colección (mércores, xoves e sábado)
- Silbon: 10% de desconto adicional en suadoiros e punto
- Atmósfera Sport: 10% de desconto adicional en todo excepto uniformes, patinaxe e ofertas (mércores, xoves e sábado)
Coincidindo coa feira Materia Prima
Este adianto do Súper Weekend coincide ademais coa celebración da feira Materia Prima, un evento que enche Área Central de propostas orixinais, creatividade e produtos artesanais. Unha combinación perfecta para quen busca algo máis que compras, xa que poderán desfrutar da feira ao mesmo tempo que aproveitar os descontos nos nosos outlets.
Así, durante estos días, poderás vivir unha experiencia completa: descubrir novos proxectos en Materia Prima e, ao mesmo tempo, acceder a promocións especiais nas túas tendas favoritas.
Esperámoste no Outlet Área Central
Ven visitarnos e aproveita ao máximo este evento especial. Os nosos outlets espérante con descontos e promocións pensadas para que desfrutes comprando.
Lembra que podes estar ao tanto de todas as actividades do Outlet Área Central na sección Eventos desta mesma web. E se non queres perderte nada de Área Central, síguenos en Instagram e Facebook.
