Saltar ao contido

Área Central

EVENTOS EN ÁREA CENTRAL

Non te perdas os nosos eventos!

SELECIONA UN MES PARA FILTRAR OS EVENTOS

Selecciona mes

Maker Faire Galicia 2026

O sábado 6 de xuño volve a Área Central a xornada da Maker Faire Galicia, centrada no emprendemento e na innovación social. Haberá moitas actividades; charlas, obradoiros, presentacións de proxectos, etc.
Desde o venres 29 ao 31 de maio, o Outlet Área Central acolle o II Open Galicia RallySlot. Desfruta das carreiras dos coches en miniatura.
O sábado 9 e domingo 10 de maio, o Outlet Área Central acolle este torneo de speedcubing. Participantes chegados de diferentes puntos amosarán a súa habilidade e rapidez facendo cubos de rubbik.
Cartel del evento Circo en clave de viento en Area Central con artistas circenses y música en directo por el CMUS de Santiago

Día mundial do circo

O sábado 18 de abril, o CMUS Profesional de Santiago e Circonove únense para conmemorar o Día mundial do circo neste espectáculo circense acompañado polo alumnado do consort de dobre lingüeta.
Durante o mes de abril o Outlet Área Central acolle dous torneos de xadrez: un para escolares e outro para adultos. Decenas de afeccionados daranse cita nas mañás dos sábados 11, 18 e 25.
O sábado 11 de abril o Outlet Área Central acolle a primeira edición de Mercado da arte, no que se darán cita arredor de 80 expositores con diferentes produtos. Haberá actividades para todos os públicos.
O Outlet Área Central, en colaboración con PlaymoGalicia, celebra a II Playmobil Compostela, con dioramas orixinais, feira comercial e concurso de minidioramas.
O alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Santiago visita Área Central. Será o xoves 26 de marzo (banda infantil) e o mércores 15 de abril (orquestra xuvenil).
O sábado 21 de marzo Área Central acolle a competición de drons Galicia Whoop League. O público terá unha zona drone soccer, zona de simuladores e zona de exposicións sobre drons.
A Feira de minerais de Santiago chega a súa cita anual os próximos días 5, 6, 7 e 8 de marzo en Área Central. Haberá máis de trinta expositores con minerais, fósiles, meteoritos e xoiería.

Entroido en Área Central

O Outlet Área Central prepárase para a celebración do Entroido. Disfraces, música, bailes, tradición... Área Central celebra o Entroido ao grande e conta contigo.
Do 29 de xaneiro ao 7 de febreiro, o Outlet Área Central e o Consorcio Editorial Galego celebran o I Outlet do libro galego. Haberá centos de obras a uns prezos moi interesantes.