Saltar ao contido

Área Central

Papá Noel chega ao refuxio de Nadal de Área Central

  • Novas

A visita que todos estábamos a esperar chega por fin este venres 4 de decembro, Papá Noel  acollerá a todos os rapaces e rapazas que queiran visitalo na súa casiña de madeira no noso Centro Comercial ata o mércores 23 de decembro, de 18:00 a 20:30 horas.

Papá Noel terá este ano a súa residencia oficial en Área Central, un verdadeiro refuxio no que os nenos e nenas poderán falar con el e contarlle o bos que foron este ano. Por suposto, respetaranse as medidas de seguridade e hixiene, e ademais, para evitar aglomeracións, esta visita a Papá Noel será con cita previa a través dunha aplicación. Por suposto, xa temos todo preparado e a nosa rúa comercial ten a ambientación e decoración perfecta para que Papá Noel se sinta como en Laponia. Xunto este convidado tan especial, tamén temos preparado para estas próximas festas un amplo programa de actividades que vos iremos desvelando pouquiño a pouco para celebrar con vós estes Nadal tan especial para todos.

Como solicitar a miña cita con Papá Noel? Moi sinxelo! Un rexistro equivale a un grupo de cinco persoas, máximo.

  1. Entra na seguinte aplicación
  2. Rexístrate cubrindo os teus datos para poder identificarte na hora da visita e valida o teu correo.
  3. Elixe o día e a hora que prefiras.
  4. Revisa a túa bandexa de email e verifica a túa cita.
  5. Goza dunha visita difícil de esquecer xunto a Papá Noel.

Máis adiante, tamén recibiremos a visita dos Reis Magos, que tamén estarán encantados de recibirvos.

Ven a vivir connosco esta época tan máxica do ano, xa temos todo preparado para ti! Porque… merecemos un gran Nadal!

 

 

 

1 pensamento sobre “Papá Noel chega ao refuxio de Nadal de Área Central”

  1. Pingback: Os Reis Magos chegan a Área Central - Área Central

Os comentarios están pechados.