Saltar ao contido

Área Central

NON TE PERDAS AS NOSAS NOVAS

Os Reis Magos chegan a Área Central

  • Eventos

Este sábado 2 de xaneiro, os Reis Magos  chegan ao noso Centro Comercial e quedarán connosco ata o luns 4 de xaneiro, en horario de 18:00 a 20:30 horas.

Os Reis Magos tamén queren coñecer aos nenos e nenas de Santiago de Compostela, por iso, tal e como fixo Papá Noel, tamén nos pediron que lle reservásemos un espazo no noso refuxio de Nadal para poder recibirvos a todos e a todas. Para garantir a seguridade de todos e cumprir as limitacións de aforo, só poderase acceder a visitar ás súas Maxestades de Oriente con cita previa mediante app

Como solicitar a miña cita cos Reis Magos?  Existen dúas opcións:

  • Opción con conta xa creada para as visitas de Papá Noel:
  1. Entra na aplicación
  2. Inicia sesión na túa conta
  3. Elixe o día e a hora que prefiras
  4. Revisa a túa bandexa de email e verifica a túa cita.
  5. Coñece aos Reis Magos en persoa e cóntalles todo o que queiras!
  • Opción de novo usuario:
  1. Entra na seguinte aplicación
  2. Rexístrate cubrindo os teus datos para poder identificarte na hora da visita e valida o teu correo.
  3. Elixe o día e a hora que prefiras.
  4. Revisa a túa bandexa de email e verifica a túa cita.
  5. Coñece aos Reis Magos en persoa e cóntalles todo o que queiras!

*Lembra que un rexistro equivale a un grupo de cinco persoas, máximo!

Como xa sabedes, o noso refuxio conta con actividades perfectas para pequenos e adultos que complementarán á perfección a túa visita aos Reis Magos ou o teu día de compras. Non hai un plan mellor!