Saltar ao contido

Área Central

OS REIS MAGOS CHEGAN A SANTIAGO, COÑÉCEOS EN ÁREA CENTRAL

  • Eventos

O ano está a piques de rematar e en Área Central xa nos estamos preparando para comezar o 2024 da mellor maneira. Se fai case una semana remataron as visitas de Papa Noel ao noso centro comercial, hoxe anunciamos que os Reis Magos están de camiño a Santiago. Coñéceos en Área Central!

Os Reis Magos chegan a Área Central

👑 Coma cada ano, a principios do mes de xaneiro, chegan Melchor, Gaspar e Baltasar dende Oriente dispostos a coñecer a todos os rapaces e rapazas que os esperan ansiosos.

As Súas Maxestados de Oriente estarán en Área Central os días 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 17:30 a 20:30 para recibir aos cativos da casa e escoitar as súas peticións. Alí mesmo, os peques poderán deixar as súas cartas para que Melchor, Gaspar e Baltasar atinen na noite do 5 de xaneiro ✨.

Esta actividade será totalmente gratuíta, por iso, recomendamos que reservedes a vosa praza a través da seguinte ligazón ou escaneando o código QR que aparece nos carteis anunciadores. Deste xeito aseguraredes a vosa praza para coñecer aos Reis Magos.

Desfruta do Nadal de Área Central

Se aínda non visitaches o Emocionante Nadal de Área Central este ano, recorda que estás a tempo. Temos photocalls para que saques unha foto de Nadal, árbores xigantes 🎄, establecementos cheos de agasallos para estas datas e un posto de empaquetado para botarlle unha man aos Reis Magos nestas datas 🎁.

Por suposto, tampouco faltan as nosas actividades, e é que a ludoteca de Área Central, Ludoarte,ofrece ata o 5 de xaneiro sesións con contacontos e obradoiros vencellados ao Nadal para os cativos da casa. Iso si, lembra que tes que facer a túa reserva!

Ademais, o Nadal de Área Central loce a súa cara máis solidaria neste ano. Pois contamos cunha Árbore Solidaria chea de osiños de peluche que poderás mercar para ti ou para regalar a alguen. O diñeiro recadado irá destinado á ONG Tierra de Hombres,que loita contra o desamparo infantil. Para unha maior axuda, tamén poderás colaborar facendo a túa doazón na urna que se atopa xunto o servizo de empaquetado do noso centro comercial.

Xa sabes, aínda podes desfrutar e emocionarte co Nadal de Área Central! Achégate ó noso centro comercial de Santiago para coñecer aos Reis Magos e despedir esta gran festividade. Agardámosvos!