Benvidos ao Nadal máis emocionante de Área Central!
Queremos convidarte á celebración máis especial do noso centro comercial, un espazo pensado para desfrutar da festividade máis máxica do ano. Emociónate co Nadal en Área Central!
VISITA REIS MAGOS
As súas Maxestades de Oriente visitarán Área Central os días 2, 3 e 4 de xaneiro para atender a todos os cativos e escoitar as súas peticións para unha das noites máis máxicas do ano. Deixa a túa carta na caixa de correos para que non se lles esqueza ningún detalliño. Reserva a túa praza!
ACTIVIDADES PARA TODA A FAMILIA
E para celebrar e emocionarse, en Área Central contaremos con actividades moi variadas para toda a familia: danza, coros, mercado de Nadal da man do Concello de Santiago e moito máis lecer!