Saltar ao contido

Área Central

O entroido xa está de volta en Área Central

  • Eventos
O entroido xa está de volta en Área Central

Apaixonados dos disfraces, traémosvos boas novas, o entroido xa está de volta en Área Central. A espera valeu a pena, a festa máis divertida do ano volve este febreiro ó noso espazo comercial para facernos gozar coma sempre. E como xa imaxinaredes, aproveitando que a nós nos gusta tanto celebrar as festividades, puxémonos a traballar para traer moitas actividades para os máis pequenos da casa. Queres que chas contemos?

Descobre todo o que podes atopar en Área Central durante o Entroido

Se vas achegarte ó noso espazo comercial a mercar todo o que necesitas para o entroido: teas, pinturas ou ingredientes para facer filloas e orellas, aproveita todas as actividades de ocio que temos para os cativos.

Dende o xoves 24 de febreiro ata o mércores 2 de marzo, en Área Central, a diversión estará asegurada. O primeiro día, na esquina amarela, teremos o II Concerto de Entroido do Conservatorio Profesional de Música de Santiago ás 18:00 H. Agardamos vervos aquí a todos para recibir a estes profesionais.

O venres 25, aproveitando que comeza a fin de semana, haberá unha boa Festa Rechamangueira ás 19:00 H, tamén na esquina amarela. Os pequenos pasarano en grande co Tributo “A bruxa Avería e a bola de cristal”, pois non faltarán a música, o baile e sobre todo, os disfraces. Ademais, será en colaboración co CSC das Fontiñas e a ludoteca María Miramontes. Verás que ben comezan a finde os teus pequenos!

O sábado 26 de febreiro, de 17:00 H a 20:00 H teremos inchables e pintacaras, ademais do Obradoiro “Dragón humano”. A primeira semana de marzo comezará con moita festa tamén, pois, o luns ás 18:00H, os cativos, poderán vir desfilar ó noso Cantabaila.

E para rematar, o martes e o mércores, en horario de 17:00 H a 20:00 H, despedirémonos deste fabuloso entroido. De novo, contaremos con inchables e pinturas para esas caras tan riquiñas. Verás que cariñas de ledicia!

E por suposto, se ves facer as túas compras a Área Central, poderás desfrutar do aparcamento gratis por tan só un gasto de 15€ nas tendas do noso espazo. Aproveita que o teu cativo goza das actividades do entroido de Área Central para botar un ollo ós nosos escaparates.

 

Este entroido ven divertirte a Área Central para lucir o teu disfrace. Nos xa estamos preparados para desfrutar desta festividade. E ti?

1 pensamento sobre “O entroido xa está de volta en Área Central”

  1. Pingback: A oitava Feira de Minerais chega a Área Central do xoves 3 ao domingo 6 de marzo - Área Central

Os comentarios están pechados.