Saltar ao contido

Área Central

A oitava Feira de Minerais chega a Área Central do xoves 3 ao domingo 6 de marzo

Área Central acollerá do xoves 3 ao domingo 6 deste mes a oitava edición da Feira de Minerais, todo un clásico que volve cun programa moi especial e que continúa sendo a feira máis grande de Galicia e Portugal sobre esta temática. Tras despedir o Entroido, en Área Central seguimos ofrecéndote a mellor oferta de actividades. Colle papel e lapis e toma boa nota de todo o que che propoñemos!

Case 150 metros lineais nesta 8ª edición

Ademais de atoparte cunha gran variedade de preciosos mineiras, fósiles, artigos de xoiería e meteoritos, nesta Feira de Minerais os expositores terán distintas procedencias que farán que cada peza sexa única. Serán un total duns 30 expositores e case 150 metros lineais de feria.

Feira de Minerais contará cun amplo horario para que poidas mercar estas exclusivas pezas a prezos inmellorables, pois estará aberta de 10.00 a 21.00 horas  para que contes con tempo dabondo para marabillarte con estes artigos.

Ademais da feira puramente comercial, este ano volven os talleres didácticos para as escolas de toda Galicia que, a causa da situación sanitaria, non puideron ter lugar na anterior edición (celebrada o pasado mes de outubro en Área Central). Así, o xoves e o venres a Escola de Minas da Universidade de Vigo e o Grupo Minerolóxico Galego impartirán obradoiros de identificación de minerais, fósiles e mineraloxía.

Do mesmo xeito, a Área de Infraestruturas de Investigación e o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela estarán tamén presentes no evento, cunha exposición formada por oito paneis informativos sobre as investigacións realizadas por estas entidades no campo da mineraloxía. Unha boa oportunidade para adquirir novos coñecementos sobre os minerais e, tamén, algunha que outra peza do mercado!

Con todo este programa, ídesvos perder a nosa feira? Facede un oco na vosa axenda para acompañarnos, e lembrade que ademais, por compras superiores a 15 euros nas nosas tendas ou nos propios expositores do mercado de minerais, teredes unha hora de estacionamento gratuíto no noso parking. Esperámosvos!