O pasado 1 de decembro, representantes da corporación municipal do Concello de Santiago, encabezados pola alcaldesa Goretti Sanmartín, recibiron no Pazo de Raxoi a unha representación dos comerciantes que levan en Área Central dende a súa inauguración hai 30 anos.
Unha homenaxe para os nosos establecementos
Tras 30 anos ofrecendo os mellores servizos aos habitantes de Compostela e aos dos arredores da cidade coma centro comercial en Santiago, o Concello citou no Pazo de Raxoi aos comerciantes que montaron as súas tendas neste espazo nos seus inicios. Son dez os negocios que están en Área Centraldende a súa apertura aquel 21 de outubro de 1993 e que a día de hoxe continúan sendo unha parte fundamental do centro comercial.
Mari Cruz González (de Herbolario Aloya), José Antonio Seijas (Zapatería Seijas), María Luisa Montero (Ablaíña Recén Nacidos), Pilar Gómez (Veguay Moda Hombre) e Julia García (Bottega Verde) son os 5 propietarios representantes que acudiron ao Concello de Santiago. Nesta pequena homenaxe, recoñeceuse o seu esforzo e a labor que fan cada día no noso espazo. Tanto eles coma Antonio González (Charcutería Seco), Mari Carmen Rosende (Fototema Dixital), Antonio Neira (Cafetería El Punto), José Luis Pérez (Joyería José Luis) e Óscar López (Confitería Herrma).
Ademais, neste acto tamén se mencionaron outras firmas coma Gasthof, Calzados Itajai, Míster Minit ou Papelería Prensa Baba, que malia non estar presentes dende o primeiro día, si se incorporaron antes de que concluira o ano 1993.
Así pois, este acto puxo en valor a Área Central como un espazo fundamental para o barrrio de Fontiñas, para o comercio da cidade e para Santiago de Compostela, en xeral. Queremos agradecer ao Concello este pequeno recoñecemento do que os nosos comercios foron partícipes.