APARCAMENTO GRATIS POLAS TÚAS COMPRAS EN ÁREA CENTRAL. CONSULTA AS CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN

APARCAMENTO GRATIS POLAS TÚAS COMPRAS EN ÁREA CENTRAL. CONSULTA AS CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN

En Área Central contas con todos os servizos a un paso. Tanto se queres mercar roupa á última, coma se che apetece facer un peiteado novo, consultar servizos informáticos, visitar a túa asesoría ou pasar a tarde desfrutando da nosa oferta de ocio, podelo facer sen saír do noso espazo comercial.

Para que poidas facer todo iso, e se te dirixes en coche ata aquí, Área Central conta nas súas inmediacións con moitas rúas onde poder deixar o teu coche. Ademais, no propio edificio contas cun aparcamento, xestionado pola empresa Empark.

Área Central e Empark teñen en marcha unha promoción a través da cal os establecementos comerciais adheridos a ela agasallan aos seus clientes cunha hora de parking gratis se realizan un gasto superior a 15 euros.

En que consiste a promoción?

Trátase dun esforzo extra que realizan os establecementos para que ti, o seu cliente, non aboes de máis á hora de retirar o teu vehículo do parking. Se realizas un gasto que supere os 15 euros, o comerciante entregarache un vale que corresponde a unha hora gratis de estacionamento no parking. Debes ter en conta estas cuestións:

  • Os establecementos de Área Central adheridos a esta promoción dispoñen nalgún punto visible do seu negocio dunha pegatina alusiva a esa campaña.
  • Aínda que o gasto que realices nunha única compra sexa moito maior aos 15 euros, recibirás un vale dunha hora de estacionamento gratuíto.
  • As horas gratis dos tíckets son acumulables, polo que se estás no parking dúas horas, podes empregar dous vales para poder descontalas.
  • A data de caducidade para poder empregar o vale que recibes figura nunha das súas caras. Polo tanto, ese vale pode empregarse calquera día antes de que caduque, non obrigatoriamente o mesmo día de telo recibido.
  • Á hora de realizar o pago na máquina do aparcadoiro, debes introducir primeiramente o tícket que recibirás ao entrar no parking. A continuación, na pantalla aparecerá a cantidade que hai que aboar. Nese intre, deberás introducir o vale ou vales dunha hora de parking gratis e a máquina encargarase de calcular canto tes que aboar no caso de que se superase a hora ou horas de estacionamento gratuíto.
  • En caso de realizar a compra no hipermercado Alcampo, debe achegarse ao seu posto de información co ticket de compra e o ticket do parking. Eles faranlle o desconto directamente no propio ticket de parking e, polo tanto, desfrutará do desconto ese mesmo día.

Non dubides en visitar Área Central. Somos moito máis: somos comercio local, compras, restauración, ocio, servizos e oficinas. Somos seguridade, amplitude, comodidade, proximidade e variedade. Si, somos moito máis!