Saltar ao contido

Área Central

Área Central dá a benvida ao outlet de Zabba Zapatería

  • Novas

O pasado mércores 10 de abril en Área Central gozamos da gran apertura do outlet de Zabba. Esta nova zapatería chega ao noso centro comercial de Santiago ofrecendo calzado de marcas moi coñecidas a un prezo irresistible. Contámosche máis?

Área Central amplía a súa oferta outlet

Zabba Outlet aterrou na esquina amarela de Área Central, concretamente no local L -16-B da planta baixa do centro comercial. Neste establecemento atoparás calzado de calidade de marcas actuais para home e muller.

Zabba Outlet ofrece unha ampla gama de marcas populares, como Pikolinos, Geox, Camper, Hispanitas, Clarks, Timberland… Xa sexa que esteas a buscar renovar o teu calzado para esta primavera ou atopar o agasallo perfecto para unha persoa especial, Zabba Outlet terá algo para ti!

Zabba Zapatería abriu as súas portas no ano 2002. Desde entón non parou de crecer e con esta apertura en Área Central xa contan con catro establecementos, coa particularidade de que este trátase do primeiro outlet da firma.

Scalpers prepara a apertura do seu outlet para antes do verán!

E aínda hai máis! Moi pronto unirase á familia de outlets de Área Central o moi esperado Outlet de Scalpers. Así que, prepárate para unha experiencia de compras repleta de descontos nas próximas ocasións que visites o noso centro comercial de Santiago.

Este local, que tamén ocupará a esquina amarela de Área Central, ten previsto abrir antes do verán, polo que moi pronto poderemos anunciar a súa data de apertura. Scalpers súmase así á lista de outlets do centro comercial.

Prepárate para o verán e renova agora o teu armario ao completo, gozando de prezos únicos e de pezas duradeiras e de calidade. Esperámoste en Área Central! 🛒✨