En Área Central queremos inaugurar o mes de abril da mellor maneira, traendo ao noso centro comercial de Santiago a Feira do Disco e do Cine. Non sabes de que vai? Segue lendo e decátate ben de como podes conseguir moitos clásicos cinematográficos e musicais ?.
Unha feira de cine en Área Central
O xoves día 11 e ata o sábado 13 de abril, na esquina vermella de Área Central poderás gozar da Feira do Disco e do Cine. Estará aberta en horario de 10:00 a 21:00 horas para que todos poidades visitala e facervos cos mellores clásicos.
Os amantes da música e do cine tedes tres días para vir ao noso centro comercial en Santiago a visitar esta feira onde haberá discos de todos os estilos musicais, DVD’S descatalogados, edicións especiais, posters, camisetas e merchandising.
Ademais, os visitantes tamén poderedes cambiar ou vender na Feira do Disco e do Cine pelis, discos, vinilos, pósteres ou outros, polo que non dubidedes en facer este intercambio para variar o voso repertorio a cambio dun reembolso ou dun novo produto.
Do 11 ao 13 de abril os afeccionados ás pelis e á música que non pasan de moda tedes unha cita en Área Central, onde poderedes gozar da nosa Feira do Disco e do Cine. Non vola perdades e vide a rebuscar entre auténticos clásicos.