Saltar ao contido

Área Central

Ven a divertirte a Área Central e descubre a nosa oferta de ocio: Novajump, The Paradox Room, Vicky Cars, Monky Park e Beehive Gaming Box

  • Novas

Como saberás, en Area Central somos moito máis que un espazo comercial cheo de tendas, e é que pouco a pouco estamos converténdonos nunha opción para a diversión coa nosa gran oferta de ocio. A nosa zona de lecer está pensada tanto para os máis cativos, coma para aquelas persoas novas que buscan unha opción diferente para gozar nas vacacións. ¡Descubre a oferta de ocio de Área Central!

Novajump, The Paradox Room, Vicky Cars, Monky Park e Beehive Gaming Box son os locais de ocio que tes que coñecer se ves a Área Central, así que resumimos o que te podes atopar en cada unha das instalacións.

Nova Jump

Este local de 2.440 metros cadrados está pensado para facer brincar á cativada. Trátase do primeiro parque de Nova Jump en España, que elixe Área Central como punto de apertura. Nel atoparás camas elásticas, fosos de escuma e colchonetas para que poidan practicar os seus saltos e piruetas. Un trampoline park perfecto para que os máis cativos celebren tamén os seus aniversarios cos amigos, gozando dunha merenda, refrescos e por suposto, acompañados dun monitor.

The Paradox Room

Esta sala de escapismo é a opción máis axeitada se che gusta sentir a adrenalina. Seguro que che sona de facer os seus xogos virtuais e gratuítos durante a corentena de 2020, pois o “apocalipses hixiénico” fíxose do máis coñecido. Agora, en Área Central poderás elixir entre os seus catro novos xogos ou un quinto para os máis pequeniños. Ademais, na súa web podes reservar o día e a sala á que queres acudir para destapar os segredos destas habitacións.

Vicky Cars

Os coches eléctricos sempre son unha boa alternativa para os máis noviños. Podes alugar os coches durante uns minutos para que estean entretidos mentres se senten uns expertos ao volante. Ademais, en canto solten os pedais, en Vicky Cars poderán acompañar a súa experiencia cunhas chucherías xa que, para os nenos, o doce sempre é unha ilusión. Sen dúbida, unha opción do máis clásica coa que estarán entretidos un bo anaco.

Monky Park

Para que as dotes de condución dos cativos sigan medrando temos na nosa praza Monky Park, con actividades con karts eléctricos e bicis. Tamén, para os máis deportistas está a zona de tres canchas deportivas: para xogar ao fútbol, ao baloncesto e ao voleibol. Ademais, estas canchas poderán reservarse para partidos, pequenas ligas e campionatos. E o máis sorprendente é que Monky Park conta cun tobogán xigante de 45 metros para que todos os membros da familia se deslicen sobre a rampla. Toda unha aventura!

Beehive Gaming Box

Por último, temos a recente incorporación de Beehive Gaming Box. Este gaming center de 500 metros cadrados ten arredor de 30 ordenadores e 20 consolas: Nintendo Switch, Play Station 4 Pro, X-Box X… Así, temos un dos centros gaming máis grandes do norte de España para xogar aos videoxogos do momento: Fornite, League of Legends ou o FIFA. A opción perfecta para xuntarse cos amigos e gozar xogando coas nosas mellores consolas.

A zona de ocio de Área Central conta, sen dúbida, cunha ampla oferta de actividades que entreterán á cativada, dende os máis pequeniños ata aos máis adultos. Unha alternativa axeitada para eses días nos que apetece facer unha actividade diferente cos amigos. ¡Esperámoste en Área Central!