Xa podes empregar os Bonos Activa Comercio da Xunta de Galicia en Área Central. Mercar nunca foi tan doado nos nososo establecementos. Este é o listado de tendas de Área Central adheridas a esta campaña da Xunta de Galicia:
- Moda: Mercería Carmen, Veguay, Óptica Val, Lencería María García, Itajai, La caja de Pandora, Calzados Seijas, Lolita Moda e Zabba Outlet.
- Perruquerías: Beva, Súkel e Anuska Vilas.
- Outros comercios: Área Informática, Hilar Fino, Pauta Música, Lucola Best Nutrition, Pantalla Rota e Delatex.
¿Como funcionan?
¿No sabes en que consisten os Bonos Activa Comercio? A través deste enlace podes conseguir un bono por valor de 30 euros para empregar nas túas compras desde o venres 26 de abril. O prazo máximo para gastar o bono é o 15 de setembro ou ata que se esgoten os fondos desta medida.
- Por importe de compra de 20 a menos de 30 euros, o cliente ten un desconto de 5 euros.
- Por importe de compra de 30 a menos de 50 euros, o cliente ten un desconto de 10 euros.
- Por importe de compra de 50 euros ou superior, o cliente ten un desconto de 15 euros.
Presta atención aos escaparates das tendas de Área Central. Os adheridos á campaña están identificados coa pegatina da campaña. Así, terás a información actualizada xa que aínda se poden sumar máis comercios aos Bonos Activa Comercio da Xunta de Galicia.
O agasallo polo Día da nai, un autodetalle para ti, esa camiseta á que lle tiñas botado o ollo, un novo corte de pelo…. ¿Quen sabe para que vas empregar o bono? O que está claro é que en Área Central podes adquirir todo o que queiras a prezos estupendos todo o ano. ¡E cos Bonos Activa Comercio da Xunta de Galicia moito máis!