Saltar ao contido

Área Central

Comezan os Súper Xoves de Área Central: as túas compras con súper descontos

  • Novas

O mes de abril remata con máis novidades en Área Central. Tras a apertura da zapatería Zabba Outlet e á espera da chegada do outlet de Scalpers, agora comeza en Área Central unha nova forma de comprar: O súper xoves! Agora as túas compras terán descontos irresistibles. Contámosche máis sobre a nosa nova promoción?

En que consiste o Súper xoves?

O obxectivo é claro: ofrecer unha experiencia de compras satisfactoria aos nosos clientes. En Área Central queremos dar un prezo aínda máis baixo do que podedes atopar normalmente no noso centro comercial. Para iso, escollemos o último xoves de cada mes. Marca esa data no teu calendario e goza xa de súper descontos este xoves 25 de abril.

A nosa promoción de Súper Xoves durará todo o día nalgúns dos comercios de Área Central, e para identificar cales participan deberedes fixarvos nos escaparates das tendas. Comprobaredes se hai un cartel identificativo en cor vermella que o mencione. De ser así, entra e arrasarás!

En Área Central sempre estamos a buscar a maneira de que poidades sacar o mellor partido ao voso diñeiro, ofrecendo descontos atractivos a todos os nosos clientes. Tanto nos nosos locais outlet como o resto de establecementos de Área Central atoparedes unha gran variedade de produtos. A que esperas para visitarnos este SÚPER XOVES?