Saltar ao contido

Área Central

TATTOO EXPO SANTIAGO, OS DÍAS 9, 10 E 11 DE XUÑO EN ÁREA CENTRAL

Despois do éxito que tivo o evento do ano pasado, os días 9, 10 e 11 de xuño volve a Área Central, o noso espazo comercial, a convención do mundo da tatuaxe: Tatto Expo Santiago. Nela, máis de 50 tatuadores de distintos puntos de Portugal e de España estarán en Área Central. Aquí atenderán as peticións dos fanáticos das tatuaxes e farán consultas de asesoramento. Tamén haberá anilladores e un stand de venda de piercings de xoiería de titanio.

Non faltarán as tatuaxes nin a emoción!

Este evento busca consolidarse como a festa da tatuaxe de Galicia, volverá poñer á disposición dos asistentes un espazo para coñecer aos artistas da tinta. Cada estudo realizará no seu stand tatuaxes e piercings. Tamén poderedes consultar as vosas dúbidas. Tede en conta que vos asesorarán auténticos profesionais!

Nesta segunda edición da Tattoo Expo Santiago tamén poderedes mercar piercings de xoiería de titanio, xa que haberá un stand dedicado á venda destes produtos para cando poidades cambiar os pendentes medicinais que vos poñan os profesionais que anelan.

Será na esquina amarela de Área Central onde poderedes atopar todos os stands participantes na convención.

E para sentir a intriga e a emoción dunha convención coma esta haberá un concurso de tatuaxes na que participarán os propios tatuadores. Cada días presentarán os traballos realizados e o domingo elixirase ao mellor da convención.

Xa sabedes: se estades barallando facer un debuxo na vosa pel, aproveitade para vir a Área Central e escoitar distintas propostas. Agardámosvos!