Saltar ao contido

Área Central

Sorteos de Verán

Bases sorteo “3 sorteos de verán”
BASES LEGAIS DO SORTEO “3 SORTEOS DE VERÁN”
A Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Area Central (en adiante, “Area Central”), con enderezo en Edificio Area Central, soto -1, L-A-4 15707 e con C.I.F. H-15431273 decide levar a cabo unha actividade promocional (en adiante, a “Promoción”), consistente en tres sorteos dirixidos ós seus clientes. As características do premio detállase no Punto 3.2, todo isto de conformidade co establecido nas presentes bases legais.
1.- ÁMBITO DE APLICACIÓN E TEMPORAL
Poden participar neste sorteo todos os clientes de Area Central que realicen compras no Centro Comercial Area Central, sigan a mecánica promocional e cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases dende o día 1 de xullo ata o 30 de setembro de 2019, ambos inclusive.
2.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
Poderán participar na Promoción os clientes (persoas físicas maiores de 16 anos) que demostren cos tickets ter realizado como mínimo tres compras en mínimo tres establecementos diferentes do centro comercial (non son válidos os do hipermercado Alcampo) e que xuntos sumen mínimo 100 euros. Celebraranse tres sorteos: un por cada un dos meses de verán e en cada sorteo haberá tres gañadores.
Non poderán ter a condición de Participantes nin, polo tanto resultar agraciados, aquelas persoas vinculadas ás empresas que participan na organización da Promoción, os membros da xerencia e os traballadores dos locais comerciais de Area Central.
3.- MECÁNICA PROMOCIONAL
3.1.- Rexistro de participación no sorteo
O cliente deberá introducir no sobre da promoción mínimo tres tickets de mínimo tres establecementos comerciais de Area Central que sumen como mínimo a cantidade de 100 euros. Non serán válidos os tickets do hipermercado Alcampo. O participante deberá cubrir os seus datos solicitados no sobre: nome e apelidos, DNI, teléfono e correo electrónico, e depositalo na urna colocada no stand da promoción, na esquina azul de Area Central. É imprescindible cubrir todos os campos e aceptar o consentimento de uso da imaxe e nome e apelidos para consideralo como participante do sorteo.
3.2.- Premio
Todos aqueles Participantes que teñan cubertos completamente os seus datos e cumpran o previsto nas presentes bases optarán a gañar 100 euros en vales-agasallo para poder empregar nas súas compras nos establecementos comerciais de Area Central. Estes 100 euros entregaranse nun vale de 50 euros, un vale de 20 euros e tres vales de 10 euros. As condicións de uso dos vales estarán especificadas en cada vale-agasallo.
3.3.- Mecánica do sorteo
Realizaranse un total de tres sorteos e celebraranse á vista dos clientes de Area Central que nese momento se atopen onde o stand da promoción (na esquina azul de Area Central), ás 12.00 horas:
– O primeiro dos sorteos terá lugar o 1 de agosto: Nel participarán todos os sobres introducidos na urna durante o mes de xullo. En total extraeranse tres sobres. Cada gañador conseguirá un Premio. En caso de que non se cumpran os requisitos establecidos nestas bases, a Organización extraerá tantos sobres ata conseguir os tres gañadores dos 100 euros en vales-agasallo.
– O segundo dos sorteos terá lugar o 2 de setembro. Nel participarán todos os sobres introducidos na urna durante o mes de agosto. En total extraeranse tres sobres. Cada gañador conseguirá un Premio. En caso de que non se cumpran os requisitos establecidos nestas bases, a Organización extraerá tantos sobres ata conseguir os tres gañadores dos 100 euros en vales-agasallo.
– O terceiro e último dos sorteos terá lugar o 1 de outubro. Nel participarán todos os sobres introducidos na urna durante o mes de setembro. En total extraeranse tres sobres. Cada gañador conseguirá un Premio. En caso de que non se cumpran os requisitos establecidos nestas bases, a Organización extraerá tantos sobres ata conseguir os tres gañadores dos 100 euros en vales-agasallo.
Unha persoa soamente poderá gañar un Premio desta promoción; polo tanto, non serán acumulables.
3.4.- Comunicación ó gañador e entrega do Premio
A Organización porase en contacto cos gañadores por teléfono, segundo os datos facilitados no sobre para facerlle entrega do premio. Se non se puidese contactar con algún dos gañadores no prazo de dous días, ou téndose contactado e non cumpra os requisitos de participación, quedará descartado para recibir o Premio, e o mesmo quedará deserto.
O Premio entregarase en Area Central (Edificio Area Central, 15707 Santiago de Compostela). Para a recollida do Premio, o Gañador deberá aportar o seu D.N.I. ou calquera documento identificativo. Terán como data máxima para recoller o premio unha semana dende a celebración do sorteo.
No caso de que o Gañador sexa menor de 18 anos, será preciso o consentimento dos seus pais, titores ou representantes legais para a recepción do Premio.
En ningún caso os Gañadores poderán cambiar, nin esixir cambiar ningunha das características do Premio, que son as especificadas no Punto 3.2 das Bases. De igual xeito, o Premio non poderá ser canxeable polo seu valor en metálico nin por ningún equivalente en produtos e servizos.
4.- ASPECTOS XERAIS DA PROMOCIÓN
O mero feito de participar na Promoción implica a aceptación das presentes Bases sen reserva de ningún tipo.
O Organizador resérvase o dereito de efectuar calquera cambio e de suspender ou ampliar a Promoción. Os Premios referidos nas presentes Bases non son transferibles.
Exímese ó Organizador de calquera responsabilidade ou incidencia que poda evitar que o gañador desfrute do Premio unha vez sexa entregado o mesmo. Así mesmo, exímese ó Organizador de calquera responsabilidade ou incidencia que se poda producir durante o desfrute do Premio.
5.- FISCALIDADE DOS PREMIOS
Ao premio do presente Sorteo seralle de aplicación a Lei 35/2006, de 28 de novembro, pola que se aproba o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas ou, no seu caso, o Real Decreto Lexislativo 5/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Imposto sobre a Renda de Non Residentes; así coma os seus correspondentes Regulamentos e demais normativa de desenvolvemento; ou, no seu defecto, a normativa tributaria que estivera vixente aplicable a residentes e non residentes fiscais en España.
En caso de resultar aplicable, corresponderá e será por conta exclusiva do organizador da promoción o pago da retención ou ingreso a conta correspondente ao premio aos tipos que resulten vixentes na data de devengo da operación. No suposto de premios “en especie”, o ingreso a conta non será repercutido aos premiados, sendo, por tanto, asumido polo organizador da promoción, polo que dito ingreso a conta suporá un maior valor do premio en especie percibido polos premiados.
Así mesmo, o organizador da promoción, e de acordo coa normativa exposta, remitirá ao gañador, de forma anual, e con anterioridade á apertura do prazo de comunicación ou de declaración do Imposto, o correspondente certificado de retencións e ingresos a conta referente ao exercicio de devengo do premio e pago da retención ou ingreso a conta.
6.- TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS
Normativa: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD.
Responsable do tratamento:
COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO CENTRO COMERCIAL ÁREA CENTRAL
CIF: H-15431273
Enderezo: Edificio Área Central de Fontiñas Soto 1-Local A4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 981-560845 administracion@areacentral.es
Finalidade: A xestión dos datos de carácter persoal recabados para a participación no concurso “3 SORTEOS DE VERÁN”
Lexitimación: Consentimento do interesado.
Conservación dos datos: Os datos que vostede nos facilitou serán destruídos unha vez transcurrido o prazo dun mes desde a finalización da Promoción, salvo os dos gañadores que poderán utilizarse conforme ao establecido no apartado sete das bases.
Transferencias Internacionais de datos:
Non se realizarán transferencias internacionais de datos.
Dereitos do interesado:
– Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos tratando datos persoais seus ou non, a saber cales son, para que se usan, canto tempo se van gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se se van comunicar a un terceiro.
– Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.
– Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa non sexan necesarios para os fins para os que se recolleron, incluído o dereito ao olvido.
– Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no tratamento.
– Limitación do Tratamento: dereito a solicitar nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos más alá da mera conservación dos mesmos.
– Portabilidade: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e poder transmitilos a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.
Exercicio dos dereitos: O exercicio de dereitos deberá efectuarse por escrito adxuntando fotocopia do seu documento identificativo, e dirixilo ó enderezo anteriormente citado. Así mesmo, poñemos a súa disposición modelos para o seu exercicio, que poden recollerse nas nosas instalacións.
Para máis información: www.agpd.es
Dereito de reclamación ante a Autoridade de Control: No caso de que non se teñan respectado os seus dereitos pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos sita na rúa Jorge Juan, 6-28001-Madrid ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es
En ambos casos, deberá acompañar a documentación pertinente.
7.- COMUNICACIÓN
A Promoción comunicarase a través de insercións e mencións nos medios de comunicación nos que Area Central faga publicidade, a través das redes sociais de Area Central e a través de calquera outro medio divulgativo que o Organizador considere de interese para a comunicación da Promoción.
As persoas gañadoras autorizan a Area Central a difundir os seus datos identificativos e a súa imaxe derivada do acto de entrega nas redes sociais do Organizador e nos medios de comunicación. En caso de ser un menor de idade, o seu representante legal autoriza o tratamento da súa imaxe e datos persoais do menor beneficiario coa mesma finalidade. Esta autorización non supón dereito de remuneración ou beneficio algún (con excepción do premio adxudicado), sendo a mesma condición necesaria para a recepción e adxudicación do premio obtido.
8.- DEPÓSITO DE BASES
As Bases da presente promoción estarán a disposición de calquera persoa que desexe consultalas na páxina de Facebook de Area Central.
Santiago de Compostela, a 1 de xullo de 2019