Saltar ao contido

Área Central

SÁBADOS DE XADREZ CO TORNEO ESCOLAR XOGADE

Área Central prepárase para vivir catro sábados de xadrez co torneo escolar Xogade 2024. Estas sesións, promovidas pola Xunta de Galicia, terán lugar en abril e maio no centro comercial de Fontiñas.

Unha competición para poñer a proba a destreza mental

O torneo escolar Xogade 2024 está dirixido ás categorías benjamín, alevín e infantil e, as inscricións, deben realizarse a través de clubs ou colexios que teñan xadrez como unha das actividades que realizan no centro. 

Esta competición de xadrez inclúe tres bloques. O primeiro é a fase local de xadrez de Santiago, que terá lugar os sábados 6 e 13 de abril pola mañá. Durante esta intensa xornada está prevista a asistencia de máis de 150 xogadores para participar nesta categoría de “Xogade 2024“.

A segunda das partes celebrarase o sábado 20 de abril baixo o nome de Fase intercomarcal de xadrez de Santiago. Esta desenvolverase por equipos e celebrarase en horario de mañá.

Os sábados de xadrez co torneo escolar Xogade 2024 seguirán o sábado 4 de maio. Este día será a quenda da fase final provincial de xadrez, e tamén se xogará por equipos. Esta fase reunirá aos xogadores nunha intensa xornada desde a mañá ata a tarde do mesmo día.

Para Área Central é un auténtico luxo ser a sede destas actividades e acoller a tantas familias que acompañan aos seus fillos. Esta actividade únese ese día á nosa ludoteca “Ludoarte, que ocupa un lugar todos os sábados no noso centro comercial de Santiago para ofrecerlle aos nenos un espazo de xogo educativo mentres que, os pais dispoñen dunha hora para facer as súas compras.