Saltar ao contido

Área Central

SORTEO DE 40 ENTRADAS INDIVIDUAIS PARA UNHA HORA DE SALTO PARA O MÉRCORES 30 OU O XOVES 1 EN NOVA JUMP

  • Novas

1.- COMPAÑÍA ORGANIZADORA

A COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL, en adiante AREA CENTRAL, organiza o SORTEO de 40 entradas individuais dunha hora de salto para empregar en Nova Jump o mércores 30 ou o xoves 1, de carácter gratuíto. Os calcetíns deberán ser aboados polo cliente.

2.- DESVINCULACIÓN CON RESPECTO A INSTRAGRAM

Instagram non patrocina, nin avala, nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Instagram e é consciente de que está proporcionando a súa información a AREA CENTRAL e non a Instagram. A información que proporcione empregarase para xestionar a participación do concursante e para comunicarlle o premio.

3.- OBXECTO E MECÁNICA DO CONCURSO

O premio consiste en 40 entradas individuais por unha hora de salto para empregar o mércores 30 de xuño e o xoves 1 de xullo en Nova Jump, calcetíns aparte. Para concursar é obrigatorio que o participante sea seguidor dos perfís de Instagram de Área Central (@areacentralcc) e Nova Jump (@novajump_es), dea “Like” a publicación do concurso e comente a publicación etiquetando á persoa coa que lle gustaría ir a Nova Jump. Eliminaranse as participacións inadecuadas. A participación no sorteo supón a cesión e autorización expresa de todos os dereitos de propiedade intelectual e de imaxe sobre as participacións, de forma que o participante cede a ÁREA CENTRAL os dereitos de explotación de natureza intelectual, industrial e/ou de imaxe que poida corresponderlle ao derivar das participacións enviadas para participar no sorteo.

4.- DURACIÓN E ÁMBITO

A actividade desenvolverase a nivel local. A data de comezo do sorteo será o martes 22 de xuño de 2021 e a data de finalización será o venres 25 de xuño de 2021, ás 10:00h.

5.- REQUISITOS PARA PARTICIPAR

Poderán participar na promoción todas as persoas físicas maiores de 18 anos que sexan seguidores do perfil de Instagram oficial de Área Central (@areacentralcc) e que teñan un perfil de usuario real en Instagram. Non poderán resultar gañadores deste concurso empregados, comerciantes ou propietarios dos establecementos comerciais que forman parte do Centro Comercial Area Central. Só se poderá participar unha vez.

6.- SELECCIÓN DO GAÑADOR/GAÑADORES, SUPLENTES, COMUNICACIÓN E ENTREGA

O venres 25 de xuño efectuarase o sorteo a través da aplicación Sortea2, onde se incorporarán os nomes dos participantes que se axustan aos requisitos para, de xeito aleatorio, escoller aos gañadores do sorteo. AREA CENTRAL porase en contacto cos gañadores para informarlle de como proceder para desfrutar do premio. Se non se logra contactar co gañador durante o periodo de vixencia das entradas, ou este renunciase ao agasallo, o premio quedaría deserto, perdendo o seu dereito a reclamalo. Así mesmo, comunicarase o nome do gañadores na páxina de Instagram de Área Central (@areacentralcc), unha vez finalizada a promoción.

7.- PREMIO

O premio consiste en 40 entradas individuais para unha hora de salto para empregar o mércores 30 de xuño ou o xoves 1 de xullo en Nova Jump, cedidas por Nova Jump. A entrada non inclúe o prezo dos calcetíns, que corren por conta do cliente. As entradas só poderán utilizarse un deses dous días e sempre de forma suxeita a dispoñibilidade de aforo do parque. O premio, en ningún caso, poderá ser cambiado por outro produto, por outro día diferente do mércores 30 ou xoves 1 ou polo seu valor en metálico.

8.- RESERVAS E LIMITACIÓNS

Entenderase, a título enunciativo pero non limitativo, que se produce fraude, cando se detecta o suposto uso de aplicacións independentes ao Website; a realización dun abuso de consultas ao servidor e todos aqueles comportamentos que poidan resultar aparentemente abusivos e/ou malintencionados. A constatación de calquera destas circunstancias durante o concurso suporá a descualificación automática do sorteo así como a perda do premio se fora o gañador. AREA CENTRAL queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados que impida a súa identificación. AREA CENTRAL resérvase o dereito a emprender accións xudiciais contra aquelas persoas que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado manipulación ou falsificación do concurso. AREA CENTRAL exclúe calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento dos servizos mediante os que se participa na promoción, á defraudación da utilidade que os usuarios poidan atribuír aos mesmos, e en particular, aínda non de xeito exclusivo, aos fallos no acceso ás distintas páxinas e envíos de respostas de participación a través de Internet. AREA CENTRAL resérvase o dereito a efectuar cambios que redunden no bo fin do sorteo cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levala a termo no xeito e forma que recollen as presentes bases. AREA CENTRAL resérvase o dereito a aprazar ou ampliar o período do concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais. Así mesmo, AREA CENTRAL quedará exenta de toda responsabilidade se concorre algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que poidan ocasionarse durante o desfrute do premio.

9.- PROTECCIÓN DE DATOS

Normativa: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD. Responsable do tratamento: COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO CENTRO COMERCIAL ÁREA CENTRAL

CIF: H15431273

Enderezo: Edificio Área Central de Fontiñas Sótano 1-Local A4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) Teléfono: 981560845

Correo electrónicomarketing@areacentral.es

Finalidade: A xestión dos datos de carácter persoal recabados para a participación no concurso: 40 ENTRADAS INDIVIDUAIS PARA UNHA HORA DE SALTO EN NOVA JUMP PARA O MÉRCORES 30 DE XUÑO OU O XOVES 1 DE XULLO

Lexitimación: Consentimento do interesado.

Conservación dos datos: Os datos que vostede nos teña facilitado destruiranse unha vez transcorrido o prazo de seis meses desde a finalización do concurso, salvo os dos gañadores que poderán utilizarse conforme ó establecido no apartado tres das bases.

Destinatarios: Cederanse datos a Instagram (ó pinchar o botón ME GUSTA Instagram tratará os teus datos conforme á súa política de privacidade: https://help.instagram.com/519522125107875).

Transferencias Internacionais de datos: Non se realizarán transferencias internacionais de datos.

Dereitos do interesado:

– Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos tratando datos persoais seus ou non, a saber cales son, para que se usan, canto tempo se van gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se van comunicar a un terceiro.

– Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.

– Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa no sexan necesarios para os fins para os que se recolleron, incluído o dereito ó esquecemento.

– Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no tratamento.

– Limitación do tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos más aló da mera conservación dos mesmos.

– Portabilidade: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e poder transmitilos a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.

Exercicio dos dereitos: O exercicio de dereitos deberá efectuarse por escrito adxuntando fotocopia do seu documento identificativo, e dirixila á dirección anteriormente citada. Así mesmo, poñemos a súa disposición modelos para o seu exercicio, que poden recollerse nas nosas instalacións.

Para máis informaciónwww.agpd.es

Dereito de reclamación ante a Autoridade de Control: No caso de que no se teñan respectados os seus dereitos pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos sita na rúa Jorge Juan, 6 – 28001-Madrid ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es

En ambos casos, deberá acompañar a documentación pertinente.

10.- ACEPTACIÓN DAS BASES

A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes Bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e como consecuencia disto, AREA CENTRAL quedará liberada do cumprimento da obriga contraída con dito participante.