Sorteo de posta e peza de piercing INK FACTORY

Sorteo de posta e peza de piercing INK FACTORY

Bases do concurso:

1.- Compañía organizadora

A COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL, en adiante AREA CENTRAL, organiza o SORTEO dunha POSTA E PEZA DE PIERCING xentileza do establecemento INK FACTORY, de carácter gratuíto.

2.- Desvinculación con respecto a Facebook

Facebook non patrocina, nin avala, nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Facebook e é consciente de que está proporcionando a súa información a AREA CENTRAL e non a Facebook. A información que proporcione empregarase para xestionar a participación do concursante e para comunicarlle o premio.

3.- Obxecto e mecánica do concurso

O premio consiste nunha posta e peza dun piercing, xentileza do establecemento INK Factory. Para concursar é obrigatorio que o participante dea a “Me gusta” á páxina do Facebook de Area Central (www.facebook.com/area.central), dea a “Me gusta” á páxina do Facebook de INK Factory (https://www.facebook.com/INK-Factory-Tatuajes-550786018620280/) e ter o perfil público, dea “Like” a publicación do concurso, comente a imaxe dicindo onde se faría o piercing e mencione a dúas persoas na publicación. Eliminaranse as participacións inadecuadas. A participación no Concurso supón a cesión e autorización expresa de todos os dereitos de propiedade intelectual e de imaxe sobre as participacións, de forma que o participante cede a AREA CENTRAL os dereitos de explotación de natureza intelectual, industrial e/ou de imaxe que poida corresponderlle ao derivar das participacións enviadas para participar no Concurso.

4.- Duración e Ámbito

A actividade desenvolverase a nivel local (ámbito galego). A data de comezo do concurso será o venres 26 de xuño de 2020 e a data de finalización será o mércores 1 de xullo de 2020, ás 9:00 h.

5.- Requisitos para participar

Poderán participar na Promoción todas as persoas físicas maiores de 18 anos que sexan fans da páxina oficial de Facebook https://www.facebook.com/area.central e de (https://www.facebook.com/INK-Factory-Tatuajes-550786018620280/ e que teñan un perfil de usuario real en Facebook. Non poderán resultar gañadores deste concurso empregados, comerciantes ou propietarios dos establecementos comerciais que forman parte do Centro Comercial Area Central. Só se poderá participar unha vez.

6.- Selección do gañador/gañadores, suplentes, comunicación e entrega

O venres 26 de xuño efectuarase o sorteo a través da aplicación SocialGest, onde se incorporarán os nomes dos participantes que se axustan aos requisitos para, de xeito aleatorio, escoller ao gañador do sorteo. AREA CENTRAL porase en contacto co gañador para acordar ambas partes o modo de entrega do premio, que será sempre en Area Central. Se non se logra contactar co gañador nun prazo de tres días desde o primeiro intento de contacto, ou estes renunciasen ao agasallo, procederase a seleccionar un novo gañador, perdendo o anterior gañador o seu dereito a reclamar o premio. Así mesmo, comunicarase o nome do gañador na páxina de Facebook @area.central, unha vez finalizada a promoción. A aceptación do premio supón a aceptación da publicación da súa imaxe no momento da entrega do premio nas redes sociais de Area Central. Area Central non fará envíos dos produtos sorteados, debendo presentarse o gañador do premio en Area Central para recollelo e poder desfrutar del.

7.-Premio

O premio consiste nunha posta e peza de piercing (agás peza dermal e xenital) xentileza do establecemento INK Factory. O premio, en ningún caso, poderá ser cambiado por outro produto ou polo seu valor en metálico.

8.- Reservas e limitacións

Entenderase, a título enunciativo pero non limitativo, que se produce fraude, cando se detecta o suposto uso de aplicacións independentes ao Website; a realización dun abuso de consultas ao servidor e todos aqueles comportamentos que poidan resultar aparentemente abusivos e/ou malintencionados. A constatación de calquera destas circunstancias durante o concurso suporá a descualificación automática do concurso así como a perda do premio se fora o gañador. AREA CENTRAL queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados que impida a súa identificación. AREA CENTRAL resérvase o dereito a emprender accións xudiciais contra aquelas persoas que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado manipulación ou falsificación do concurso. AREA CENTRAL exclúe calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento dos servizos mediante os que se participa na promoción, á defraudación da utilidade que os usuarios poidan atribuír aos mesmos, e en particular, aínda non de xeito exclusivo, aos fallos no acceso ás distintas páxinas e envíos de respostas de participación a través de Internet. AREA CENTRAL resérvase o dereito a efectuar cambios que redunden no bo fin do concurso cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levala a termo no xeito e forma que recollen as presentes bases. AREA CENTRAL resérvase o dereito a aprazar ou ampliar o período do concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais. Así mesmo, AREA CENTRAL quedará exenta de toda responsabilidade se concorre algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que poidan ocasionarse durante o desfrute do premio.

9.- Protección de datos

Normativa: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD. Responsable do tratamento: COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO CENTRO COMERCIAL ÁREA CENTRAL

CIF: H15431273

Enderezo: Edificio Área Central de Fontiñas Sótano 1-Local A4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) Teléfono: 981560845

Correo electrónico: marketing@areacentral.es

Finalidade: A xestión dos datos de carácter persoal recabados para a participación no concurso: SORTEO DUNHA POSTA E PEZA DE PIERCING

Lexitimación: Consentimento do interesado.

Conservación dos datos: Os datos que vostede nos teña facilitado destruiranse unha vez transcorrido o prazo de seis meses desde a finalización do concurso, salvo os dos gañadores que poderán utilizarse conforme ó establecido no apartado tres das bases.

Destinatarios: Cederanse datos a Facebook (ó pinchar o botón ME GUSTA Facebook tratará os teus datos conforme á súa política de privacidade: www.facebook.com/about/privacy/ ).

Transferencias Internacionais de datos: Non se realizarán transferencias internacionais de datos.

Dereitos do interesado:

– Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos tratando datos persoais seus ou non, a saber cales son, para que se usan, canto tempo se van gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se van comunicar a un terceiro.

– Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.

– Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa no sexan necesarios para os fins para os que se recolleron, incluído o dereito ó esquecemento.

– Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no tratamento.

– Limitación do tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos más aló da mera conservación dos mesmos.

– Portabilidade: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e poder transmitilos a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.

Exercicio dos dereitos: O exercicio de dereitos deberá efectuarse por escrito adxuntando fotocopia do seu documento identificativo, e dirixila á dirección anteriormente citada. Así mesmo, poñemos a súa disposición modelos para o seu exercicio, que poden recollerse nas nosas instalacións.

Para máis información: www.agpd.es

Dereito de reclamación ante a Autoridade de Control: No caso de que no se teñan respectados os seus dereitos pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos sita na rúa Jorge Juan, 6 – 28001-Madrid ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es

En ambos casos, deberá acompañar a documentación pertinente.

10.- Aceptación das bases

A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes Bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e como consecuencia disto, AREA CENTRAL quedará liberada do cumprimento da obriga contraída con dito participante.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies