Saltar ao contido

Área Central

PANADERÍA CANCELA, CAFÉ BAR TESOROS E O LOCAL DE ESTÉTICA YISTILING ÚNENSE A ÁREA CENTRAL

  • Novas

En Área Central estamos de celebración coa chegada de tres novos negocios! A nosa familia incrementa a súa oferta comercial con estas novas incorporacións ao espazo, tres novidades e cada unha dun sector diferente: a Panadería Cancela, o Café Bar Tesoros e o local de estética Yistiling.

COÑECE OS NOSOS TRES NOVOS LOCAIS

Agora, no noso centro comercial de Santiago poderás adquirir pan de Carballo, empanadas e doces artesanais para rematar ben as túas comidas e celebración gracias a Panadería Cancela. O seu local atópase na nosa zona de alimentación, na esquina azul, e alí, ademais de atopar esta gran variedade de produtos, agárdante co seu mellor sorriso.

O Café Bar Tesoros ven a aumentar as opcións onde tomar algo en Área Central. O seu local está na esquina vermella e conta con terraza interior e tamén na Praza de Europa, así os días de sol poderedes desfrutar dun cafeciño ou dun refresco á raiola!

No local de estética Yistiling, tamén na esquina vermella, realizan traballos de deseño e depilación con fío para a cella, labio, cara, mans… Ademais, encárganse do coidado das túas pestanas con tintura ou extensións. Saben como coidarte!

Estes tres novos locais incrementan a oferta de servizos de Área Central, onde atoparás unha excelente experiencia de compra. Xa sabedes, vide a coñecer os nosos tres novos locais de paso que facedes as vosas compras e aproveitade para coidarvos a vós mesmos. Agardámosvos!