En Área Central empezamos forte o ano nos traballos de comercialización! Todos os esforzos realizados desde hai pouco máis dun ano, seguirán materializándose nos próximos meses para converter Área Central nun punto de referencia para as compras e o lecer de Galicia. Segue lendo e descobre as nosas próximas aperturas!
Área Central prepárase para a apertura de 4 novos locais nesta primavera
Continuando coa nosa dinámica de crecemento, Área Central ten o pracer de anunciar importantes novidades que transformarán a túa experiencia de visita nos próximos meses. Moi atento!
En canto a moda, aos establecementos que xa están en funcionamento, moi pronto se lle unirán dúas firmas. Scalpers chegará ao noso centro comercial de Santiago na súa versión outlet ofrecendo moda para home e muller. E, a zapatería multimarca de orixe compostelá Zabba abrirá tamén moi pronto o seu primeiro outlet en Área Central. Prepárate para atopar as túas marcas favoritas a prezos incribles!
No apartado de restauración, Amasarte aumentará a oferta de hostalería de Área Central e ofrecerá servizo de cafetería, panadería, pastelería e comida para levar. Tamén Lola&Lía será outro novo establecemento de restauración. Será o terceiro negocio en Galicia e nel os clientes descubrirán o seu servizo en brunchs, comidas e merendas.
Este dinamismo complétase coa xa anunciada incorporación do ximnasio Dreamfit, resultado moi relevante nas tarefas de comercialización tanto pola súa superficie (3.500 metros cadrados no soto) como polo seu nome, xa que está considerada no sector como a cadea número 1 de ximnasios de España.
Tras estas boas noticias, o noso centro comercial de Santiago non cesará nas súas tarefas en comercialización e antes de que acabe o ano ten como obxectivo anunciar a apertura de novos locais de hostalería como restaurantes de comida oriental e de comida rápida, así como outros outlets.
Comezan as tarefas de renovación da praza e das terrazas
Aínda por riba, este ano Área Central renovará a imaxe das súas terrazas de hostalería co fin de conseguir unha imaxe homoxénea e moderna e crear un ambiente acolledor e único para relaxarse e gozar. Esta actualización afectará tanto as terrazas situadas nos corredores interiores como ás que se atopan na Praza de Europa, un espazo que tamén se verá mellorado con traballos de humanización e de incremento de zonas verdes.
Este 2024 será un ano de transformacións en Área Central e queremos que ti nos acompañes. Os resultados dos traballos de comercialización, a humanización da praza e a renovación das terrazas dos locais de hostalería, unido á variada oferta comercial, moita dela centrada no sector outlet, dará lugar a un centro de compras e esparexemento único en Galicia. Convidámosche a ser parte da nosa transformación!