O Concello achega 35.000 euros a Área Central para actividades de dinamización comercial

O Concello achega 35.000 euros a Área Central para actividades de dinamización comercial

O Concello de Santiago e Área Central asinaron esta semana un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades de dinamización comercial deste 2022, entre elas as de Nadal.

O convenio ten por obxecto o desenvolvemento dun programa de dinamización comercial dirixido ao barrio de Fontiñas, en particular, e a toda a cidade, en xeral, durante este ano 2022.

A achega municipal, por un valor de 35.000 euros, permitirá financiar un conxunto de iniciativas postas en marcha polo centro comercial ao longo do 2022. Entre as actidades desenvolvidas destaca a animación de Reis Magos, o servizo de ludoteca “Ludoarte”, a Feira de minerais, o servizo de empaquetado de agasallos para o Nadal, a campaña “Os teus cartos valen mais”, a Feira do Disco ou os eventos realizados arredor de festividades como o Día da nai e o Día do pai, o San Valentín ou o Entroido. A subvención tamén permitirá sufragar os vales de aparcadoiro para os clientes que se acheguen a realizar as súas compras.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies