O comercio de proximidade de Area Central convídache a patinar

O comercio de proximidade de Area Central convídache a patinar

O comercio de proximidade de Area Central vén de poñer en marcha, coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, unha iniciativa na que premiará as compras superiores a 15 euros cun desconto do 50 % na entrada á pista de xeo instalada na praza interior de Area Central.

Cada cliente que realice unha compra que supoña un gasto superior a 15 euros en calquera dos setenta establecementos de Area Central adheridos a esta promoción recibirá de mans do comerciante un folleto que lle da dereito a acudir á pista de xeo e beneficiarse dun desconto do 50 % na entrada xeral, que ten un custe xeral de 9,50 euros.

Na práctica, o cliente abonará 4,75 euros por patinar na pista de xeo durante 50 minutos, incluíndo o aluguer dos patíns. Esta promoción está limitada ata consumirse 1.000 entradas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies