Saltar ao contido

Área Central

Namórate do Entroido en Área Central: inchables, talleres e animación

  • Eventos

A conta atrás para o Entroido e tamén para San Valentín comezou. Este ano, a festa máis divertida do ano e o día máis amoroso están moi, moi preto. E por suposto, en Área Central hai oco para as dúas festividades. Imos primeiro con Entroido. Queres descubrir a nosa programación? Segue lendo!

Goza das actividades do venres 9 ao martes 13

O noso centro comercial de Santiago, como cada ano, súmase a esta celebración tan típica e tradicional en Galicia onde disfrazarse é imprescindible. Desde o vindeiro venres día 9 e ata o martes 13 de febreiro, en Área Central contaremos cunha divertida programación de actividades para todos os peques. Contámoscha!

Venres 9 de 17:30 a 20:30 h.: tres inchables para que os nenos e nenas salten e se divirtan.

Sábado 10 ás 18:00 h.: animación musical con motivo do desfile de Entroido do barrio de San Pedro e de Fontiñas. É unha actividade organizada en colaboración co Espazo de Lecer María Miramontes, Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago, Centro Xuvenil Don Bosco, Construindo Barrio e Movemento pola Paz. O acceso é libre para todos os que queiran pasar unha tarde xenial de baile e música, da man de Ánimus Animadores musicais.

Sábado 10, de 18:00 a 20:00 h.: Sesión de Ludoarte na que os máis peques crearán máscaras de Entroido orixinais e con material de refugallo.

Luns 12 de 18:00 a 20:00 h.: tarde de creacións con maquillaxe de Entroido e galletas decoradas. Un taller perfecto para pequenos!

Martes 13 de 18:00 a 20:00 h.: tarde de creacións con tattoos de purpurina e antifaces de fantasía.

Todas estas actividades poderás compaxinalas cunha visita obrigada ao remate final das nosas rebaixas e a chegada da nova tempada ás nosas tendas. Ademais, San Valentín xa está aquí e debes atopar ese agasallo perfecto, á altura da túa parella.

Estamos en febreiro, mes do Entroido e mes do amor. Námorate de Área Central!