A ludoteca de maio de Área Central, Centro Comercial en Santiago, volve cargada de actividades para que os peques o pasen xenial mentres ti fas as túas compras. Este mes, como sempre, haberá catro sesións: dúas da temática Creativos e dúas de Cociña. A primeira, con zona de xogos e manualidades; e a segunda, para que desfruten realizando receitas mentres se lles inculca unha comida saudable.
A ludoteca de Área Central está pensada para que todas as persoas a desfruten. Os peques xogan, interactúan, aprenden e desfrutan nas mellores mans e os maiores dispoñedes dunha hora para as vosas compras: encher a neveira, mirar roupa, tomar un café…
Deste xeito, a ludoteca do mes de maio de Área Central será:
- Os sábados 6 e 27 de maio, Ludoteca Cociña na nosa cociña da esquina vermella. Creamos platos ricos e divertidos. Esta actividade está pensada para nenos e nenas maiores de 4 anos (sen acompañamento de adulto) que queiran aprender a elaborar algunha receita.
- Os sábados 13 e 20 de maio, Ludoteca Creativos no espazo pechado da esquina azul. Esta zona dividímola en duas partes. A primeira de 0 a 3 anos, con xogos e onde é preciso o acompañamento dun adulto. A outra para maiores de 4 anos (sen acompañamento de adulto), con xogos e obradoiros súper chulos.
Todas as sesións da ludoteca de Área Central son dunha hora en horario de 18:00h. a 20:00h. E, como xa sabedes, é recomendable facer a reserva da praza para asegurar o sitio. Nesta ligazón xa podes facelo para non perderte as nosas sesións de maio.
En Área Central queremos que toda a familia aproveitedes o sábado ó máximo. Así, mentres que os maiores realizades as vosas compras, os peques quedan atendidos e gozando a tope. Agardámoste!