Ludoarte xa está cos últimos preparativos para celebrar cos peques da casa as festividades do mes de febreiro: entroido e San Valentín. Queres saber máis? Segue lendo!
Xa podes reservar a túa cita para os sábados de febreiro
Ludoarte comeza este sábado día 3 de febreiro as sesións do mes máis curto do ano. Rula e Ruliño están desexando gozar do entroido e de San Valentín cos peques de Área Central e para iso, xa están a preparar a temática.
A ludoteca do noso centro comercial de Santiago terá o seu oco os sábados 3, 10, 17 e 24 de febreiro en horario de 18:00 a 20:00 horas. Como sempre, serán dúas sesións dunha hora cada unha.
Xa sabedes que para asegurar a vosa praza nos talleres de Ludoarte é recomendable que fagades vosa reserva a través da seguinte ligazón.
Cos peques na ludoteca, aproveita a túa estancia en Área Central para comprar os teus disfraces ou teas de entroido, para escoller os agasallos de San Valentín ou para gozar das nosas #MáisRebaixas nos establecementos do noso centro comercial en Santiago. Esperámoste en Área Central!