Saltar ao contido

Área Central

Ludoarte continúa as súas sesións no mes da primavera!

  • Eventos

Febreiro está a piques de chegar ao seu fin e con el, marzo, o mes da primavera e no que os días medran, comeza a súa conta atrás. A nova estación achégase e sabemos que o voso armario pide unha transformación con máis cor. Así que, se queres vir ao noso centro comercial de Santiago e descubrir a nova tempada das nosas tendas especializadas en moda, os teus fillos poderán divertirse mentres tanto en Ludoarte!

Ludoarte funcionará case todos os sábados de marzo

Xa é habitual que Ludoarte ocupe un espazo en Área Central case todos os sábados do ano pero, por se a ti te pillamos despistado, lembrámoscho. No noso centro comercial os sábados son de ludoteca, e é que en horario de 18:00 a 20:00, hai dúas sesións para os pequenos da casa, cada unha dunha hora.

Este mes, as sesións de Ludoarte ocuparán un espazo en Área Central todos os sábados excepto o día 30 por coincidir coa Semana Santa. É dicir, os días 2, 9, 16 e 23 de marzo contamos contigo.

En Ludoarte, os nenos aprenden a socializar cos seus compañeiros mentres que gozan das actividades que preparan as nosas monitoras. Ademais, aproveitando que este mes tamén será Semana Santa, algunhas das actividades de marzo estarán orientadas á Pascua. Unha das festividades máis divertidas para os nenos porque conseguen o ansiado ovo de chocolate 🥚🍫.

Lembra que, se xa sabes fixo que non queres faltar á nosa cita de cada sábado, podes facer a reserva e asegurar a praza do peque da casa. Iso si, se finalmente non podes asistir, gustaríanos que cancelases para que outra familia se divirta co noso servizo de ludoteca 😉.

E para inaugurar as sesións, goza da Feira de Minerais

O mes de marzo comeza do máis entretido en Área Central! E é que, a partir do xoves 29 de febreiro e, ata o domingo 3 de marzo, na esquina vermella do noso centro comercial de Santiago, poderás gozar da X edición da Feira de Minerais que, como cada ano, celébrase neste espazo de Fontiñas.

Os máis curiosos, poderán achegarse a ver ou adquirir algunhas destas pezas únicas procedentes de todas as partes do mundo. E, ademais, tanto se compras nalgún dos 30 expositores da feira como nos establecementos de Área Central, poderás gozar dunha hora de aparcamento gratis.

Xa sabes, goza dunha tarde de compras mentres que o teu peque se divirte facendo actividades entretidas con máis nenos. Os sábados son de Área Central!