En Área Central seguimos apostando polo comercio outlet, e é que ademais de reforzar a nosa oferta para o 2024, os establecementos están en constante crecemento. Desde este luns 15 de xaneiro o outlet da tenda multimarca Lolita Moda aumenta a súa superficie e trasládase a un local máis grande. Contámosche cal!
DESCOBRE A NOVA LOCALIZACIÓN DE LOLITA MODA
Lolita Moda escolleu en 2023 a Área Central para a apertura do seu primeiro outlet e case medio ano despois renova o seu interese polo noso centro comercial en Santiago. Tras estes meses de presenza en Fontiñas, os responsables de Lolita Moda constataron o bo funcionamento do seu outlet e por iso decidiron renovar a súa aposta por Área Central.
Agora, Lolita Moda ocupará un espazo máis grande no centro comercial, pasando de ocupar un local de 125 metros cadrados ao novo de 210 metros cadrados. Atoparase a escasos metros do antigo, na mesma esquina amarela, pero no local 12 B C 📍.
Lolita Moda seguirá ofrecendo aos seus clientes moda, calzado e complementos para home, muller e nenos, contando de novo coa presenza das súas máis de trinta asinas tan importantes como Levi’s, Pepe Jeans, Tommy Hilfiger ou Ecoalf.
A oferta comercial do noso centro comercial é cada vez máis ampla e atractiva. Esperámosvos a todos nesta segunda semana de rebaixas para coñecer o novo local de Lolita Moda! 🛍️