Saltar ao contido

Área Central

Fastlife Expo Motor en Área Central: coches, actividades e cultura do motor

Se che apaixona o mundo do motor, apunta esta data. No Outlet Área Central volvemos acelerar cunha nova edición de Fastlife Expo Motor 2026, un dos eventos de motor en Santiago de Compostela máis agardados polas persoas afeccionadas aos coches deportivos, clásicos e modificados.

Os próximos 16 e 17 de maio, o noso Outlet transformarase nun gran espazo adicado á cultura automobilística. Reunirá vehículos espectaculares, actividades en directo, concursos e experiencias pensadas para todos os públicos.

Que é Fastlife Expo Motor?

Fastlife Expo Motor é un evento adicado á cultura do motor que reúne en Área Central unha ampla variedade de vehículos, incluíndo coches clásicos, deportivos, modificados e de competición. Máis que unha simple exposición, trátase dunha experiencia pensada para achegar ao público a paixón polo automobilismo dunha forma dinámica, visual e entretida.

Ao longo da fin de semana poderás descubrir proxectos únicos, coñecer diferentes estilos dentro do mundo racing e gozar dun ambiente creado para auténticos amantes do motor.

Actividades de Fastlife Expo Motor 2026

Ademais da exposición de vehículos, Fastlife Expo Motor 2026 contará con varios expositores de marcas vinculadas ao mundo do motor e distintas actividades e propostas para facer do evento unha experiencia aínda máis completa.

Pistas de drift radiocontrol e de slot, concurso de fotografía, sorteos e exhibicións complementan Fastlife Expo Motor 2026.

Sábado 16 de maio

  • 9:00 h – Entrada de vehículos
  • 16:00 h – Aerografía de coche en directo con @ourisazo
  • 17:00 h – Inicio de clasificatorias do torneo Scalextric
  • 20:00 h – Sorteos e peche

Domingo 17 de maio

  • 11:00 h – Entrada de vehículos
  • 12:00 h – Final do torneo Scalextric e entrega de premios
  • 17:00 h – Peche e ruta postevento

Fastlife Expo Motor forma parte da programación de actividades das festas da Ascensión 2026 do Concello de Santiago.

Un evento do motor para todos os públicos

Tanto se che apaixonan os coches como se buscas un plan orixinal en Santiago de Compostela, durante esta fin de semana encontrarás actividades, exposición de vehículos e un ambiente espectacular nas nosas instalacións.

Na túa visita a Área Central, lembra que temos en marcha o noso concurso de tapas O paseo do tapeo, onde quince tapas, tanto doces como salgadas, te esperan. 

Lembra que podes estar ao tanto de todas as actividades do Outlet Área Central na sección Eventos desta mesma web. E se non queres perderte nada de Área Central, séguenos en Instagram e Facebook.