O libro galego centra os vindeiros días as actividades do Outlet Área Central. Do 29 de xaneiro ao 7 de febreiro, Área Central e o Consorcio Editorial Galego organizan o seu I Outlet do libro galego.
Nesta nova actividade haberá centos de libros en galego á venda, de todos os xéneros e para todas as idades. Os seus prezos, moi interesantes: a maioría deles entre 1 e 10 euros. Este espazo de venda ubicarase na zona azul do teu outlet de moda de Santiago.
O I Outlet do libro galego promove a lectura en galego preto de dúas datas moi importantes. O 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Lingua Materna. E o 23 de febreiro lémbrase o nacemento de Rosalía de Castro.
Aquí tes un novo plan de ocio no teu outlet de firmas exclusivas de Santiago. Déixate levar pola paixón da lectura e visita o Outlet Área Central
Actividades complementarias
Ademais da exposición e venda de libros en galego con descontos especiais, os máis pequenos poderán gozar de actividades complementarias. Realizaranse nas tardes dos sábados 30 de xaneiro e 7 de febreiro.
- Sábado 30 de xaneiro, ás 18:00 horas: Obradoiro de ilustración “Pintando a Rosalía”, As mellores obras poderán conseguir premios.
- Sábado 7 de febreiro, ás 18:00 horas: Actividade “Rosalía era unha xacia”. Baseada no libro de Baia Edicións A xacia Luviñas os asistentes descubrirán con contos, cantos e cantigas que Rosalía de Castro era unha xacia, unha muller peixe de auga doce. Ao finalizar, farase a entrega de premios do obradoiro de ilustración “Pintando a Rosalía”.
Con esta actividade, no Outlet Área Central, o teu outlet de Santiago, ofrecémosche novos motivos para visitarnos. Aos outlets das firmas máis exclusivas, únicos en Galicia, únese agora este outlet do libro galego.
Lembra que podes estar ao tanto de todas as actividades de Área Central na sección Eventos desta mesma web. E se non queres perderte nada de Área Central, síguenos en Instagram e Facebook.
