Esta semana abrimos un calendario de actuacións moi especiais. Recibimos nas nosas instalacións ao alumnado do CMUS, o Conservatorio de Música Profesional de Santiago, que nos ofrecerá varios concertos didácticos.
Baixo o lema “Ven ao Conservatorio”, o CMUS Profesional de Santiago organiza unha
experiencia musical aberta para a nosa clientela e visitantes. O obxectivo destes concertos didácticos é que o público poida coñecer de preto a gran variedade de instrumentos que se poden aprender nas súas instalacións.
Estas actuacións están deseñadas para todos os públicos, especialmente para familias e menores que teñan curiosidade por iniciarse no mundo da música. A través dun repertorio dinámico, os asistentes poderán coñecer de preto o funcionamento das agrupacións do conservatorio.
Banda infantil e orquestra xuvenil
Con esta iniciativa, o CMUS de Santiago busca romper as barreiras das aulas e demostrar que a música é unha actividade viva e aberta. En concreto, o programa de concertos do Conservatorio inclúe estas dúas actuacións:
- Xoves, 26 de marzo, ás 18:30h: A Banda Infantil será a encargada de amosar os
instrumentos de vento e percusión, que serán os protagonistas desta primeira xornada. Os asistentes descubrirán a enerxía e o traballo en equipo dos músicos máis novos. - Mércores, 15 de abril, ás 18:30h: A Orquestra Xuvenil fará descubrir o mundo das cordas. Os asistentes poderán distinguir o timbre do violín, a viola, o violoncello e o contrabaixo nun ambiente próximo e participativo.
No Outlet Área Central, o teu Outlet de Santiago, podes atopar unha ampla variedade comercial e de resaturación… e ata unha orquestra nos seus corredores. Desfruta de todo o que che ofrecemos!
Lembra que podes estar ao tanto de todas as actividades do Outlet Área Central na sección Eventos desta mesma web. E se non queres perderte nada de Área Central, síguenos en Instagram e Facebook.
