Saltar ao contido

Área Central

A liga de drons Galicia Whoop League chega a Área Central

Os drons chegan ao Outlet Área Central o sábado 21 de marzo. Ese día, o Outlet Área Central acollerá a liga de drons Galicia Whoop League, unha xornada adicada ao mundo dos drons FPV, a competición e a tecnoloxía.

Velocidade, adrenalina, carreiras e desfrute coa habilidade dos participantes: esta nova actividade de Área Central promete. Ademais, poderás desfrutar de varias actividades complementarias relacionadas co manexo de drons.

Campionato de drons

O sábado 21 de marzo, de 10.00 a 20.00 horas, poderás desfrutar dunha auténtica competición de drons Tiny Whoop. Os pilotos competirán nun circuíto indoor cheo de obstáculos e emoción.

Queres participar nesta liga? Xa están abertas as inscricións. Para competir e formar parte da Galicia Whoop League podes facelo a través deste enlace.

Actividades para o público

A Galicia Whoop League é un evento pensado para pilotos pero tamén para familias e amantes da tecnoloxía. O evento estará aberto á participación de todo o público con varias actividades para achegarse ao mundo FPV. Entre as diferentes actividades haberá:

  • Zona Drone Soccer
  • Simuladores FPV para probar voar drons
  • Retransmisión en directo das carreiras
  • Exposición e charlas sobre drons

Plan completo de ocio e compras

En Área Central tes o plan perfecto. O noso calendario de actividades complementa a nosa variada oferta de restauración e os nosos outlets exclusivos e o resto de comercios. Área Central está para que a desfrutes!

Podes estar ao tanto de todas as actividades de Área Central na sección Eventos desta mesma web. E se non queres perderte nada de Área Central, síguenos en Instagram y Facebook.