ESTE SÁBADO, ÁREA CENTRAL ARRINCA CON FORZA A TEMPORADA: TORNEO DE XADREZ, LUDOARTE E UN INCHABLE XIGANTE NA PRAZA DE EUROPA

ESTE SÁBADO, ÁREA CENTRAL ARRINCA CON FORZA A TEMPORADA: TORNEO DE XADREZ, LUDOARTE E UN INCHABLE XIGANTE NA PRAZA DE EUROPA

Tras o descanso do verán, este sábado iniciamos a tempada de actividades en Área Central, xa que haberá: o “IV Torneo de xadrez Cidade de Santiago”, unha nova sesión da ludoteca gratuíta “Ludoarte” e a actividade de pago “Ven brincar” na praza de Europa, coa instalación de varios inchables, un deles de 70 m. de longo.

Desde as once da mañá, a esquina amarela de Área Central será a sede do “IV Torneo de xadrez Cidade de Santiago”, unha competición organizada pola Escola de Xadrez Compostela e na que asistirán uns 150 participantes das categorías sub 8, sub 10, sub 12, sub 14 e absoluto.

Por outra banda, desde as 16.30 ata as 20.30 horas, a praza de Europa acollerá a actividade de pago “Ven brincar!”, unha oportunidade para os máis pequenos para que pasen unha tarde divertida mentres gozan dunha espectacular xincana de inchables de 70 m. de longo e tres inchables máis. Para gozar destes xogos, hai que abonar unha entrada de 6 euros que da acceso a subir todas as veces que se queira nas catro horas de duración da actividade.

E como sempre buscamos o mellor para as familias, será posible conseguir a entrada a metade de prezo para as persoas que poidan demostrar que fixeron un gasto superior a 20 euros no pequeno comercio de Área Central entre este xoves e o mesmo sábado.

Por último, este sábado, de 18.00 a 20.00 horas na esquina azul de Área Central, volve o servizo gratuíto de Ludoteca baixo o nome de “Ludoarte” con novidades:

  • Para nenos de 0 a 3 anos retomamos o seu espazo no que entreterse en familia con varios xogos.
  • Para maiores de 3 anos contamos con outro espazo con xogos renovados e obradoiros creativos. Así, os pais destes nenos dispoñen dunha hora para realizar as súas compras ou tomar algo nos establecementos de Área Central mentres os seus fillos desfrutan e aprenden. Para participar no apartado dos obradoiros, é aconsellable reservar praza aquí.

Este sábado 17 de setembro, aquí te esperamos!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies