Saltar ao contido

Área Central

Este Black Friday que gañemos todos!

  • Novas

Como sabedes esta fin de semana chegan un dos días de rebaixas máis esperados do ano, o famoso Black Friday. Moita xente agarda ata estes días, ou esta semana nalgúns casos, para facer as compras de Nadal ou para mercar cousas que levan desexando moito tempo. Este ano, aínda que vai ser un pouco diferente polas medidas Covid, ¡as rebaixas e a ilusión polas compras van seguir sendo as mesmas!

En Área Central, temos tendas e servizos do máis variados e moitos deles xa comezaron coas rebaixas do Black Friday, a que esperaras para vir visitarnos?  Ademais de gozar dos descontos, lembra que se elixes a nosa rúa comercial para facer as túas compras, estás apostando polo comercio local e o produto de proximidade, axudando así aos teus veciños nestes momentos tan difíciles.

Desde roupa, calzado, maquillaxe, produtos para o coidado da pel, do cabelo, manicura, electrónica ou o que precises, en Área Central temos todo o que precisas nun mesmo e amplo espazo, así tamén poderás evitar desprazamentos innecesarios ou aglomeracións. Ademais, se ves en coche lembra que aparcar é gratis por compras superiores a 15 euros.

Como extra, se nos gardas o segredo, desvelámosvos que se ves visitarnos poderás comezar a sentir o espírito do Nadal coa decoración que xa se deixa ver nos nosos corredores. Non vos contamos nada máis, pero estamos desexando poder ensinarvos todo o que está por vir!

Así que xa sabes, este Black Friday aposta polo comercio local, axuda aos teus veciños e desfruta das mellores ofertas. Agardámosvos cos brazos abertos!