Saltar ao contido

Área Central

Equípate para as vacacións con Mereces un premio!

  • Eventos

O verán significa para moitos as vacacións ou, polo menos, desfrute do aire libre, ocio coa familia e amigos e visitas ás nosas praias. Por iso, desde Área Central, o teu centro comercial en Santiago, ten preparados para o xoves 13 e venres 14 de xullo unha edición especial do seu panel “Mereces un premio!”. Equípate para as túas vacacións con Mereces un premio! de Área Central. Nela premiaremos as compras dos nosos clientes feitas eses dous días.

A dinámica é moi sinxela: achégate ao panel de premios que teremos instalado na esquina azul e amósanos un ou varios tickets que demostren unha compra superior a vinte euros realizadas neses dous días. Despois escolle un xeado e poderás conseguir un agasallo.O horario do panel será os dous días, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.

Poderás levar algún dos imprescindible que debemos ter en verán: abanicos, neveiras, palas de praia, botellas, neceseres e bolsas cómodas para as túas escapadas.

Consulta a dinámica da promoción AQUÍ.

Xa sabedes, os días 13 e 14 de xullo agardámosvos no noso centro comercial en Santiago Área Central para repartirvos moitos premios. Vémonos?