Saltar ao contido

Área Central

En Área Central convidámoste a visitar o noso “Soño de Nadal” a partir do venres 26 de novembro

  • Eventos

O nadal está a piques de chegar e como no noso centro temos moito espírito xa levamos tempo traballando para traer o nadal  a Área Central, e esta vez, en forma de soño. A vindeira semana daremos o pistoletazo de saída e para iso hoxe, adiantámosvos a nosa programación máis especial destas datas tan sinaladas.

As novidades da nosa pista de xeo

Como non podía ser doutro xeito, contaremos ca nosa tradicional pista de xeo aínda que como novidade, esta será sintética de 200 metros cadrados. Ademais, aforrará cantidades elevadas de auga e enerxía, polo que no noso centro teremos unha actividade respectuosa co medioambiente.

Este ano non hai escusa, e é que ademais esta actividade será máis económica, pois o custo será de 5 euros. E non só iso, senón que por compras superiores a 15 euros, os clientes recibirán un bono para desfrutar da pista cun 50%. Se che apetece deslizarte polo xeo en Área Central, podes atopar a pista na esquina amarela dende este venres ás 16:45 horas ata o domingo 9 de xaneiro. Unha actividade apta para todos os petos!

Coñece aos protagonistas do nadal: Papá Noel e os Reis Magos no noso soño

Dende o venres 26 de novembro ata o próximo 6 de xaneiro o noso centro, Área Central, contará cunha programación chea de actividades, en especial para os máis cativos da casa. Dende o 3 ata o 23 de decembro teremos nun recuncho de Área Central a Papá Noel, quen se asentou cunha casiña no noso centro para poder atender as peticións dos máis pequenos e recoller as súas cartas. Podes reserar a cita para velo aquí.

Os Reis Magos, tamén son uns invitados especiais do noso Soño de Nadal, e é que virán dende o 2 ao 4 de xaneiro do ano novo a coñecer a todos os cativos que acudan eses días ó noso centro. Iso si, debes ter en conta que tanto para coñecer a Papá Noel como aos Reis Magos, deberás reservar cita. Ven a coñecelos!

Este nadal, non faltarán as actividades no noso centro

Os sábados 27 de novembro, 4, 11 e 18 de decembro de 18:00 a 20:00 horas, con reserva previa e prazas limitadas, os máis pequenos da casa poderán desfrutar de talleres presenciais de LudoArte, a ludoteca artística de Área Central. Así, mentres tanto, os pais poderán realizar as súas compras de nadal no nos nosos comercios. Pode reservar a súa praza na seguinte ligazón.

E como non nos esquecemos dos adultos, no noso Soño de Nadal tamén estará unha campaña moi especial de “Rasca e gaña”, que repartirá boletos de centos de premios entre os clientes que realicen compras por un valor superior a 5 euros nos establecementos adheridos. E non só iso, senón que en Área Central haberá un servizo gratuíto de empaquetado de regalos dende o 3 de decembro ata o 5 de xaneiro e o habitual servizo de parking gratuíto por compras superiores a 15 euros.

Unha exposición de Playmobil volverá ó noso centro este nadal con diferentes características destas datas tan sinaladas, con miles de figuras dos famosos bonecos de click. Un traballo que realiza a delegación galega da asociación de coleccionistas destas figuras, Aesclick, e que ten tamén un bonito carácter solidario, posto que durante o percorrido haberá dispoñible un buzón de doazóns cuxa recadación vai ir destinada integramente ao Albergue Xoán XXIII e á acción social de Aesclick para entregar xoguetes ós nenos máis desfavorecidos.

Xa sabes, este ano non te podes perder o noso Soño de Nadal. En Área Central queremos estar presentes unha vez máis nestas datas. Ven mercar ó noso comercio os agasallos de nadal e aproveita para gozar das nosas actividades máis especiais. Podes consultar toda a programación aquí! Agardámoste neste tramo final do ano!