Dinámica da promoción “Paquetiño con bombóns por San Valentín” en Área Central.
A Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Área Central (en adiante, “Área Central”), con enderezo en Edificio Area Central, soto -1, L-A-4 15707 e con C.I.F. H-15431273 decide levar a cabo unha actividade de promoción dirixida aos seus clientes, aos que se lles regalará un paquete de bombóns por mercar en Área Central.
¿COMO PODO PARTICIPAR?
Poderán participar os clientes que realicen un gasto igual ou superior a 20€ en calquera dos establecementos comerciais de área Central adheridos a esta promoción os días venres 11, sábado 12 e luns 14 de febreiro de 2022. Para iso, terán que achegarse á cabina de información de Área Central (situada entre a zona azul e a amarela) e demostrar unha compra superior a 20 euros nos establecementos comerciais de Área Central, resultado dun único ticket ou de xuntar varios equivalente a unha ou varias compras realizadas eses mesmos días. Un ticket superior a 20 euros equivale a un paquetiño de bombóns. O cliente recibirá un paquete con bombóns (ata chegar a fin de existencias: 100 agasallos por día). O reparto de premios realizarase entre as 17:00 e as 20:00 horas os tres días.
¿QUE PODO GAÑAR?
As persoas que participen na promoción recibirán un paquetiño con tres bombóns, cortesía de Área Central. En ningún caso, os gañadores poderán ser traballadores dos establecementos do centro comercial. Non poderán cambiar nin esixir cambiar ningunha das características do seu premio. De igual xeito, o premio non poderá ser trocado polo seu valor en metálico nin por ningún equivalente en produtos e servizos.
MÁIS ASPECTOS A TER EN CONTA
O mero feito de participar nesta promoción implica a aceptación desta dinámica sen reserva de ningún tipo. Área Central resérvase o dereito de efectuar calquera cambio e de suspender ou ampliar esta promoción.
Exímese a Área Central de calquera responsabilidade ou incidencia que poda evitar que o gañador desfrute do premio unha vez sexa entregado o mesmo. Así mesmo, exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que se poida producir durante o desfrute do premio.
¿ONDE PODO COÑECER A DINÁMICA DESTA PROMOCIÓN?
Esta promoción comunicarase a través das redes sociais e da web de Área Central, e a través de calquera outro medio divulgativo que Área Central considere de interese para a comunicación da promoción.
A dinámica desta promoción estará a disposición de calquera persoa que desexe consultala na web de Área Central.