Saltar ao contido

Área Central

Dinámica da promoción do reparto da torta do 29º aniversario de Área Central

Dinámica da promoción do reparto da torta do 29º aniversario de Área Central.

A Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Área Central (en adiante, “Área Central”), con enderezo en Edificio Area Central, soto -1, L-A-4 15707 e con C.I.F. H-15431273 decide levar a cabo unha actividade de promoción dirixida aos seus clientes, aos que se lles regalará unha porción de torta polo seu 29º aniversario.

COMO PODO PARTICIPAR?

Poderán participar os clientes que realicen un gasto igual ou superior a 20€ en calquera dos establecementos comerciais do pequeno comercio de Área Central adheridos a esta promoción o venres 14 e sábado 15 de outubro de 2022. Para iso, terán que achegarse á cabina de información de Área Central (situada entre a zona azul e a amarela) e demostrar unha compra superior a 20 euros no pequeno comercio de Área Central, resultado dun único ticket ou de xuntar varios equivalentes a unha ou varias compras realizadas eses mesmos días en diferentes establecementos. Un ticket superior a 20 euros equivale a unha porción de torta, que terá que recoller na confitería Herrma no horario de funcionamento da confitería eses dous días. O cliente recibirá na cabina de información un vale equivalente á porción da torta de aniversario e terá que acudir a Herrma a recollelo. (ata chegar a fin de existencias: 75 porcións cada día). O reparto de vales realizarase entre as 17:00 e as 20:00 horas os dous días na cabina de información de Área Central.

QUE PODO GAÑAR?

As persoas que participen na promoción recibirán un vale co que terán que acudir á confitería Herrma o venres 14 e sábado 15 no seu horario de apertura. Alí, entregarán o vale e recibirán unha porción de torta de aniversario. En ningún caso, os gañadores poderán ser traballadores dos establecementos do centro comercial. Non poderán cambiar nin esixir cambiar ningunha das características do seu premio. De igual xeito, o premio non poderá ser trocado polo seu valor en metálico nin por ningún equivalente en produtos e servizos. 

MÁIS ASPECTOS A TER EN CONTA

O mero feito de participar nesta promoción implica a aceptación desta dinámica sen reserva de ningún tipo. Área Central resérvase o dereito de efectuar calquera cambio e de suspender ou ampliar esta promoción.

Exímese a Área Central de calquera responsabilidade ou incidencia que poda evitar que o gañador desfrute do premio unha vez sexa entregado o mesmo. Así mesmo, exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que se poida producir durante o desfrute do premio.

ONDE PODO COÑECER A DINÁMICA DESTA PROMOCIÓN?

Esta promoción comunicarase a través das redes sociais e da web de Área Central, e a través de calquera outro medio divulgativo que Área Central considere de interese para a comunicación da promoción.

A dinámica desta promoción estará a disposición de calquera persoa que desexe consultala na web de Área Central.