Saltar ao contido

Área Central

DINÁMICA DA DÉCIMA EDICIÓN DA PROMOCIÓN “OS TEUS CARTOS VALEN MÁIS EN ÁREA CENTRAL.ESPECIAL DÍA DA NAI”

  • Eventos

DINÁMICA DA DÉCIMA EDICIÓN DA PROMOCIÓN “OS TEUS CARTOS VALEN MÁIS EN ÁREA CENTRAL.ESPECIAL DÍA DA NAI”

A Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Area Central (en adiante, “Area Central”), con enderezo en Edificio Area Central, soto -1, L-A-4 15707 e con C.I.F. H-15431273 decide levar a cabo unha actividade promocional dirixida aos seus clientes, os cales poden gañar vales desconto polas súas compras e unha flor.

¿COMO PODO PARTICIPAR?

Poderán participar os clientes que realicen un gasto igual ou superior a 20€ en calquera dos establecementos comerciais de Area Central adheridos a esta promoción (excepto o hipermercado Alcampo e Purificación García Outlet), entre o luns 25 e o venres 29 de abril de 2022.

Por cada compra superior a 20 euros no pequeno comercio de Área Central, o cliente terá dereito a recibir o 10% do seu gasto en vales-agasallo para gastar novamente no pequeno comercio de Área Central. Poderá alcanzar mínimo os 20 euros cun ou varios tickets de compra do período promocional. O gasto máximo a demostrar será de 150 euros. Nesta edición especial, a maiores, recibirán un flor. Hai 400 flores disponibles.

O cliente deberá recoller o vale que lle corresponda e a flor na cabina de información de Área Central no seguinte horario: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. A organización cotexará o ticket ou tickets e comprobará o día da compra. En caso de cumprir todas as condicións, o cliente recibirá o 10% do gasto realizado en vales de desconto e unha flor. Os vales a recoller terán como valor de 1 a 10 euros.

¿QUE PODO GAÑAR?

Esta promoción contempla como agasallos vales de descontos a empregar no pequeno comercio de Área Central, por valor de 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10 euros. O cliente decidirá como quererá recibilos (por exemplo: un vale de 5 euros ou 3 vales de 1 euro e un de 2 euros). Os vales terán como data de uso ata o 8 de maio de 2022. Non serán acumulables, é dicir, nunha compra só se pode empregar un vale, e a compra realizada con eles non admitirá devolución. No caso de xuntar ticket ou tickets cun número en decimal, a cantidade a dar por parte da organización será a máis próxima (ex: cun gasto de 43,18 euros, o 10% son 4,32 e o cliente recibirá 4 euros; cun gasto de 46,97 euros, o 10% son 4,70 o cliente recibirá 5 euros). A maiores, nesta edición especial polo Día da Nai tamén recibirán unha flor, ata agotar existencias. Hai 400 unidades dispoñibles.

A organización establece un tope máximo do valor a entregar cada día de 1.000 euros. Polo tanto, Área Central pon á disposición dos seus clientes acadar no transcurso da promoción 5.000 euros en vales-desconto.

En ningún caso, os gañadores poderán ser traballadores dos establecementos do centro comercial. Non poderán cambiar nin esixir cambiar ningunha das características do seu premio. De igual xeito, o premio non poderá ser canxeable polo seu valor en metálico nin por ningún equivalente en produtos e servizos. 

MÁIS ASPECTOS A TER EN CONTA

O mero feito de participar nesta promoción implica a aceptación desta dinámica sen reserva de ningún tipo. Area Central resérvase o dereito de efectuar calquera cambio e de suspender ou ampliar esta promoción.

Exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que poda evitar que o gañador desfrute do premio unha vez sexa entregado o mesmo. Así mesmo, exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que se poida producir durante o desfrute do premio.

¿ONDE PODO COÑECER A DINÁMICA DESTA PROMOCIÓN?

Esta promoción comunicarase a través de insercións e mencións nos medios de comunicación nos que Area Central faga publicidade, a través das redes sociais e da web de Area Central e a través de calquera outro medio divulgativo que Area Central considere de interese para a comunicación da promoción.

A dinámica desta promoción estará a disposición de calquera persoa que desexe consultala na web de Area Central.