Saltar ao contido

Área Central

Certame Royal Senior, este venres 16 en Área Central

  • Eventos

Área Central acolle este venres 16 de xuño ás 19:00 horas a gala a nivel galego do certame Royal Spain Senior, un evento que busca a mulleres e a homes interesados na moda e a imaxe de idades comprendidas entre os 40 e os 60 anos.

O certame Royal Spain Senior distínguese de todos os demais na súa forma e no seu fondo, pois busca homes e mulleres coa elegancia, o saber estar e a experiencia que dan os anos, calidades que cada vez se demandan máis á hora de facer campañas publicitarias e desfiles.

No certame participarán 25 persoas: 18 mulleres e 7 homes procedentes de diferentes puntos de Galicia. Os aspirantes terán tres ocasións para demostrar a súa valía en tres desfiles:

  • O primeiro será vestidos con jeans azuis e camiseta branca
  • O segundo, o máis casual.
  • O terceiro, con roupa de festa.

Tras os desfiles, o xurado terá que elexir aos gañadores, un home e unha muller. Entre os membros do xurado estarán a influencer Natalia Alcayde e o perruqueiro José Sande, ademais de representantes da dirección e da asociación de comerciantes de Área Central.

No momento da deliberación do xurado, será o turno dun pequeno desfile infantil, onde as tendas de moda de Área Central amosarán as súas propostas para a nova tempada. E antes do pase de gala tamén haberá unha actuación da Escola de Danza Dolores Mayán.

Para levar a cabo o Certame Royal Senior en Área Central, contamos coa colaboración dos establecementos de Área Central: Fashion Loren, Fifty Outlet, La Morena, Woman, Man, Ramón Sanjurjo Outlet, Ablaíña Moda Infantil, Alcampo, Caraco, Teté Outlet, peluquería Estela, Súkel e Mónica Bernardez Estilismo.

Estamos moi agradecidos aos nosos locais que sempre nos tenden unha man e como non, a todos os participantes. Mañá, agardámosvos a todos con moita ilusión e ganas de vervos desfilar.